Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Colectores

martes, 24 de abril de 2018
É responsabilidade da sociedade e moi especialmente dos poderes públicos modificar o entorno de modo que poida ser utilizado por todos e cada un dos seus cidadáns. Sen embargo, a invisibilidade social fai que algúns grupos non gocen dos mesmos niveis de participación que o resto.

Como non podía ser menos as palabras que representan a nosa loita tamén evolucionaron e case se poden resumir en dous conceptos que se escoitan con moita frecuencia: accesibilidade universal e deseño para todos.

Voume centrar hoxe no “deseño para todos” e vou lembrar algunhas definicións nas que se repite por activa e por pasiva “todos”.

Deseño para todos é facer posible que todos dispoñan de igualdade de oportunidades.
É simplificar a vida das persoas facendo un entorno que beneficie a todos.

É deseñar produtos e servizos que poidan ser utilizados por todos os cidadáns con independencia da súa capacidade.

ColectoresEn definitiva, é considerar a diversidade humana e a inclusión social.

Tendo en conta estas teorías imos a pensar nos colectores do lixo. Visualicemos por un momento os colectores do lixo. A súa apertura é inalcanzable para persoas en cadeira de rodas e conleva dificultades para o colectivo de persoas maiores. Con esta breve introdución quero reivindicar que sexan accesibles porque hai colectores accesibles, incluso unha empresa de Pontevedra patentou os seus modelos. Pero os Concellos aínda os presentan como novidades ofertando a contagotas un pequeno tanto por cen accesible a veces coa desculpa de que non hai en stock.

Onde non hai sistema de recollida subterráneo, este tipo de colectores dispoñen dunha boca de entrada na parte frontal, ademais da habitual tapa superior, a unha altura que facilita o acceso a persoas que se desprazan en cadeira de rodas. Ademais poden contar tamén cunha manivela para accionar a apertura e son facilmente identificables, con placas táctiles en braille para persoas con problemas de visión.

Remato lembrando que suplir necesidades dalgunhas persoas, sempre redunda en melloras para todos os cidadáns. É necesario seguir avanzando en políticas de autonomía persoal que aumenten a calidade de vida en xeral. Precisamente estes días aparecía na prensa que o Concello de Lugo está probando distintos modelos para elixir o máis adecuado. Quero pensar que o de máis adecuado inclúe ter en conta todos os usuarios.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES