Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Little' Ourense en NY

sábado, 21 de abril de 2018
Anda de actualidade unha novela da autora de "El tiempo entre costuras", que tanto éxito tivo hai uns anos na televisión e que tamén conta cun fío conductor que nos conecta con Ourense, non en van un dos principais responsables da adaptación da novela á exitosa serie de televisión foi o ourensán de Celanova, Carlos Montero.

Anda agora de actualidade María Dueñas -que así é como se chama a escritora referida- por outra novela que baixo o título de "Las hijas del capitán", conta a historia -seica- de tres mozas que nos anos trinta tiveron que se facer cargo dun restaurante chamado precisamente "El capitán", en pleno Manhattan neoyorkino, amosando así o ambiente dunha zona da gran mazá onde asentaron milleiros de españois naquela época, creando unha comunidade que aínda que non foi tan famosa coma a recoñecida "Little Italy" ou o "barrio chinés", acabou sendo tamén recoñecida como a "little spain".

Non é, María Dueñas, a primeira que se encarga de divulgar o ambiente español daqueles anos xurdido arredor da rúa 14 e da masiva chegada de españois ó porto neoyorkino, onde desemboca a devandita rúa, pero, polo visto si está chamada a ser a súa grande divulgadora se temos en conta o nivel de divulgación publicitaria que acadou estes días o seu lanzamento bibliográfico.

Un lanzamento que tivo lugar nun escenario emblemático para os españois residentes en Nueva York e que leva por nome "La Nacional", que á vez de ser un centro social que axudou -e moito, seica- ós que non tiveron sorte naquela aventura migracional e á que me teño referido nesta columna noutras ocasións porque, por máis que se chame así, "La Nacional", ó longo de moitos anos foron -e aínda son, se non estou mal informado- os galegos os que se encargaron da xestión do seu bar.

Galegos de Ourense, evidentemente, porque "os de Ourense son diferentes e eu quérome cos de Ourense", díxome unha vez un coruñés en pleno Centro Ourensán de Newark, unhas cantas millas ó sur de Manhattan e ó outro lado do río Hudson.

Galegos de Ourense, coma José Pérez, que xestionou durante décadas "El Faro", a poucos centos de metros da "14", ou que aínda xestionan o "Toledo" ou o "Spain", na rúa numeraria xustamente anterior, a rúa 13, o último referente ourensán que mantén as súas portas abertas naquela zona "onde nada se parece, xa, a aqueles tempos", segundo me dicía esoutro día o seu propietario, Julio Díaz, por máis que el aínda sexa hoxe o principal distribuidor da cervexa "Estrella Galicia" de todo USA.

Non mo creará, pero se agora me puxera a contabilizar, aínda sería quen de colocar máis de dúas ducias de nomes de restaurantes "ourensáns" naquela lingua de terra tan envexada polo resto do mundo e ós que algún día haberá que lle contar tamén a súa historia. Tempo haberá.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES