Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sergio Rábade Romeo

sábado, 21 de abril de 2018
Sergio Rbade Romeo Ás veces, ás árbores non nos deixan ver o bosque, e o conxunto dos que nos rodean impídennos ver exemplos clarísimos de conveciños que destacan nos máis diversos ámbitos, e non nos enteramos da súa existencia ou accións ata que desde fóra, desde lonxe, nos fan reparar no seu labor e na súa importancia.

Algo así pasou con Sergio Rábade Romeo, considerado o patriarca da filosofía en España na segunda metade do século XX, que foi mestre e guía de infinidade de filósofos-profesores de filosofía que ensinan ou ensinaron na provincia de Lugo.

Rábade Romeo naceu en Saavedra, Concello de Begonte da Terra Chá, en 1925. Estudou no Seminario de Mondoñedo, berce cultural de centos de rapaces chairegos, logo cos Xesuítas, ensinou en Pontedeume, e xa en Madrid doutorouse en Filosofía, foi Catedrático emérito de Teoría do coñecemento e vicerreitor na Complutense, Decano de Filosofía y Ciencias de la Educación, primeiro reitor da Universidade San Pablo, e Presidente da Sociedad española de Filosofía.

Rábade publicou numerosas obras sobre temas filosóficos, pero seguiu a ser un descoñecido do público en xeral, e só en Saavedra os veciños e a familia sabían que o veterano profesor de filósofos, extraordinariamente lúcido sempre, lucidez que conservou ata os noventa e tres anos, tiña raíces chairegas, e mantiña unha lonxana devoción pola súa terra primeira.

Dous singulares recoñecementos recibeu en Galicia: A Xunta concedeulle a Medalla Castelao polo seu distinguido labor, e o Concello de Begonte, por unanimidade, a petición dos seus antigos alumnos, profesores lucenses de filosofía, nomeouno Fillo predilecto, distinción que agradeceu enormemente. .

O 26 do pasado marzo, Sergio Rábade Romeo faleceu en Madrid, e as súas cinzas están agardando para volver este verán á súa terra de Saavedra, e recibir no santuario dos Milagros a homenaxe dos antigos alumnos, as xentes de Saavedra e o Concello de Begonte.

Como un adianto desa homenaxe, os seus discípulos ofreceron o 18 de abril unha misa por el na igrexa lucense de San Froilan.

Os seus máis devotos amigos non esquecen ao chairego que foi a luz máis brillante do pensamento español dos últimos tempos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES