
Na Alta Montaña luguesa, ademais de famosos santuarios e parroquias, hai unha manchea de fermosas capeliñas presidindo a vida da maioría das aldeas. Sobresaen, pola súa sinxeleza, as das comarcas de A Fonsagrada, Navia, Cervantes, Pedrafita e O Caurel. Tamén as da zona da Pobra de Brollón, Samos e Quiroga. Ata hai pouco foi parte esencial da visa das aldeas
Das 21 do Caurel xa se aportaron datos e chamadas á administración cara á súa rehabilitación. Hoxe subliñamos as de Pedrafita de O Cebreiro, onde xa están restauradas varias delas, grazas aos veciños e ao propio Concello que colabora na restauración dalgunhas. Aínda se conservan a maioría a pesar da desfeita da emigración e a galopante des/poboación..
Velaí os lugares deste fermoso e rico patrimonio relixioso/cultural popular aínda vivo. San Pedro, en Foxos e San Pedro; San Antón en Brañas e Fonte/ferreira; Santa Bárbara, en Rubiais, Rabaceira e Valdefariña; San Bartolomeu, en Chan de Pena; San Roque, en Fonte/fermosa; Santiago, en Santalla; San Matías, en Travazas; San Froilán, en O Seixo; Santo Anxo, en Vilasol; As Neves, en O Temple e o Sagrado Corazón, en Sabugos. Cadansúa coa súa singular historia. (En ruínas, San Brais de Coterces e San Francisco de A Porfía).
Os labregos tiñan que ter á man aos santos máis avogosos para sobrevivir nunha terra e clima agresivos. As capelas teñen forza e capacidade para unir aos veciños e aos emigrantes. Seguen a consideralas algo de seu. Cómpre pór en valor este rico patrimonio que aínda hoxe respira vida/riqueza. ¡Nova oportunidade para descubrir, aínda agochada a rota das capelas!