Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: A homenaxe a Pepe de Burón

jueves, 19 de abril de 2018
O 13.4.18, promovida pola Concellería Municipal de Cultura celebrouse, na “Casa do Poeta Manuel María”, a tan merecida homenaxe a un conveciño noso, finado hay algún tempo, a quen todos coñecíamos por “Pepe de Burón”. Personaxe singular; sempre discreto,correcto e respetuoso; amante da cultura; autodidacta;excepcional tallista na madeira e a pedra; obras que deixou espalladas por distintos lugares, ata mais alá das nosas fronteiras, ben expresivas das súas dotes excepcionais neste eido da arte, en boa parte descoñecidas polo público, pois o seu carácter austero e reservado, alleo a todo exhibicionismo folclórico, impidíu que o seu nome acadase a popularidade da que, pola súa obra era merecente. El sabía que “non hai virtude mais eminente que facer, sencillamente, o que se ten que facer”. E fuxía de todo artificio.

A homenaxe foi un éxito, por asistentes e organización. Daí que cabe felicitar aos responsables da mesma; e a Xesús do Breogán e Antón Niñe, que souberon achegar aos presentes, o acertado retrato da súa personalidade humana e artística; e á súa familia que facilitou o posible dunha celebración na que moitas persoas tiveron coñecemento de que en Foz temos – “a obra de arte é inmperecedoira”—un artista que é honra do noso pobo.

Un xornal galego, con data 15.10.17, publicaba unha información cuxos titulares, dín: “Lugo presume de Imprenta de Gutenberg” : el Centro de Artesanía e Deseño, expone una réplica del atilugio que en el siglo XV revolucionó Europa, construída en sus talleres y que pronto será la tercera funcionando en España”:una en Urueña (Valladolid) y otra en la Comunidade de Madrid; “cando se consiga poñer en marcha o artefacto lugués – dí o xornal -- a bó seguro Lugo e a súa artesanía seguirán na vangarda”. Un logro conseguido en Foz—decimos nós -- hai preto de 50 anos, que se presentara aquí; obra dun focego, a que era a primeira réplica en madeira da Gutenberg realizada en Galicia.

Era o ano 1970; este cronista fora nomeado Presidente da Comisión de Festas do Verán seguinte. No desexo de introducir no programa un número cultural, e popular, pensou que podería ser unha magna feira de artesanía, con unha atractiva novidade: os artesáns traballando á vista do público, modalidade da que seríamos pioneiros. Nistes intres soubemos que Pepe de Burón estaba a realizar unha imprenta en madeira, réplica da histórica Gutenberg, que imprimiría á vista dos visitantes, o que intuímos como grande atractivo. Conviñemos con él a data da inauguración da feira, na que tiña que estar a imprenta, o que lle esixía redobrar o esforzo para ter a obra a punto. E así foi. A Gutenberg focega, realizada por Pepe de Burón, foi a maior atracción daquela feira pola que pasaran milleiros de visitantes, e tivera unha grande repercusión nos medios de comunicación: prensa, radio e TVE.

Hai case… ¡50 anos!.. ¡A máxima figura dela fora Pepe de Burón!, dado o desbordante éxito da súa imprenta en permanentes demostracións de impresións en papel, con tipos de letra en madeira tallada polo artesán focego.¡Algo nunca visto ata entón!

Descoñecemos se o Centro de Artesanía e Deseño lugués, dependente da Deputación, logrou o obxetivo de emular a obra de Pepe de Burón, en toda a súa dimensión, realizada hai medio século, valéndose das máis rudimentarias ferramentas, algunha das que, previamente, él mesmo tivera que construir.

A 1ª Feira da Arte Popular Galego, así chamada por suxerencia de Isaac Díaz Pardo, fora de un éxito excepcional. Mais dun cento de artesáns ( só o macro-stand da Ciudad de los Muchachos albergaba mais da metade); e os mais prestixosos, chegados de distintos lugares da nosa terra, en laboriosa localización por parte dos organizadores. A Feira tivo tres edicións (1971-72 e 73) con unha duración de 3 días cada unha. E nelas, por vez primeira despois da guerra civil, ondeara en Foz a bandeira galega, en acto público e multitudinario. O pintor lugués Luis G. Pacios, que na cidade impartía crases, fixo unha atractiva mostra dos seus discípulos; Sargadelos, que a penas levaba un par de anos cos seus productos no mercado, montou o que era un chamativo e novidoso stand, e a rede de Teleclubs, da que á sazón era asesor Luis Cordeiro, montara unha espléndida mostra, tamén inédita e moi exitosa…

O catálogo daquela sorpredente feira non remataba aquí… da que fora a súa estrela mais rutilante Pepe de Burón, o focego a quen con toda xustiza acabamos de homenaxear. Noraboa.

A veces, iniciativas exitosas deixan as súas pegadas na sociedade: naquela Feira hai que buscar as orixes de “O Feitizo”.

(Suso Fernández é Fillo Predilecto e Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES