Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O poder e os cartos teñen moitos pretendentes

jueves, 19 de abril de 2018
Non sei por que será pero o ser humano desde curta idade xa quere mandar e ter protagonismo:
-Quere ser o membro predilecto da familia
-Quere ser o líder do grupo.
-Quere ser o número un en algo.
-Quere presumir de ter e ser máis que ninguén…

E conforme vai medrando tamén medran as súas aspiracións tanto as aconsellables como as moi pouco ou nada recomendables.
Hai aspiración que son moi aconsellables, moi recomendables e moi saudables.
É moi lóxico, recomendable e aconsellable que queiramos evolucionar canto máis mellor dentro das nosas capacidades e dentro dos límites da honestidade.
Neso consiste a evolución.

O que non é lóxico nin recomendable, nin aconsellable é o afán desmesurado polo poder e polos cartos ó prezo que sexa.
Hai persoas, -moitas delas fracasadas da vida-, que se atreven a facer “mil diabluras” por alcanzar un posto de poder con tal de instalarse na comodidade e na abundancia.
Esas persoas son unha carga para a sociedade e se teñen unha función pública, moito máis.
Logo quexámonos, e así nos vai.

Eu pregúntome:
¿Cómo serían educadas esas persoas na infancia?
¿Educaríanos para conseguir os seus obxectivos aínda que fora pisando os dereitos dos outros?
Doutra maneira, non se entende.

E mirando cara o futuro:
¿Cómo haberá que educar ás persoas para que se apliquen naqueles aspectos que son bos para todos?
Por exemplo:
-¿Habería que pagarlle con cartos á infancia e á xuventude para que aproveitara ó máximo os estudios?
Loxicamente os cartos gardaríanllos os proxenitores –ou o estado- para o día que fundaran a súa propia vida.
Probablemente dese xeito habería menos abandono escolar, o nivel de instrucción sería mellor e resultarían ser profesionais mellor cualificados.

-¿Teríamos mellor calidade de vida os adultos e os anciáns se nos pagaran por seguir aprendendo toda a vida?
Claro que si; o problema sería de onde sacar tantos cartos, pero seguro que se aforraban en vicios, enfermidade e maldade.

-¿Cómo sería o mundo se se recompensara con cartos ás persoas según o seu nivel de solidariedade, amor e fraternidade?
Sería un mundo moito máis feliz.
Probablemente se aforraran cartos en moitos medicamentos.

-¿Que pasaría se se premiaran os valores da servicialidade, a competencia, a honradez, a amabilidade e a humildade das persoas con cargos públicos?
Seguramente non habería persoas arrogantes, nin prepotentes, nin soberbias, nin malversadoras, nin…

-¿Cómo estaría o medio ambiente e a nai natureza se se pagara por non emitir gases contaminantes á atmósfera, por non usar insecticidas, por devolver envases e cousas parecidas?
Seguro que reciclábamos máis e mellor.
Daquela habería moitos menos “despistados” á hora de tirar despedicios altamente contaminantes por terra, mar e aire na casa de todos.

Estas ideas que se me pasan pola mente neste intre son auténticas utopías no mundo que vivimos; pero quen sabe se habería que cambiar moitas cousas para construír un mundo máis habitable e todos sairíamos beneficiados.

Os cartos teñen moitos pretendentes e facendo un uso axeitado deles, poderían cambia-la faz do mundo.
De momento non se lle ven trazas de ir por aí a cosa; teremos que intentar cambialo por outros medios.
No corazón humano hai moito amor sen explotar.
Se cada día imos cavando nesa mina de valor incalculable, que está no noso corazón, algo faremos.
“BUSQUEMOS AMOR”
Este sera o título do seguinte artigo.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES