Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mundo está perdido!

lunes, 16 de abril de 2018
O mundo está perdido! Está cheo de trampas. Está cheo de guerras. Está cheo de pamemiños manipulados polos que fan trampas e polos que ordenan guerras. Agora que xa levamos uns quince días falando unha e outra vez do máster de Cristina Cifuentes, empezan a saír á luz doutorados, licenciaturas e currículos falsos. E os que aínda non se descubriron, os que aínda non sabemos. Somos tramposos, mentiráns por natureza. Por certo, sobre o esperpento da Cifuentes non entendo á oposición: se tan claro está o asunto (penso que está máis que claro), por que non lle arman, pero xa!, unha moción de censura? Que pasa, que intereses hai por aí, que buscan? Outro por certo, a Universidade esa que se dea xa por finiquitada. Porque dentro dela tamén ten que haber moito tramposo para outorgar un máster que non se merece, digo que non se fixo.

O mundo está perdido! Está cheo de guerras. E para parar esas guerras, Estados Unidos, Reino Unido e Francia arman outra pola súa conta. Ataque, contraataque. Ou, a mellor defensa é un bo ataque. O caso é lanzar bombas ou mísiles e que caia quen caia, é dicir, o inocente.

O mundo está perdido! E os pamemiños de a pé séntense manipulados polos que teñen o poder... e fan trampas. Porque as grandes compañías -do que sexa- teñen o poder e manipulan cara ós seus intereses. O 50% dos fogares galegos teñen moitas dificultades a finais de mes. E aínda así alguén quere subir o gasóleo e o gas. Imaxino que será para que ese 50% suba ata o 70 ou o 75%. Máis ou menos. Que máis dá un fogar máis ou menos na categoría de pobre. A Xunta de Galicia cruzarase de brazos e cando alguén lle pida responsabilidades axiña achacarán que “a cousa”, “o asunto” xa viña de atrás.

O mundo está perdido! E os pamemiños de a pé miraremos para outro lado porque, quen non fai trampas algunha vez na vida?, quen non falsea algo con tal de acadar o que se persegue? O caso é chegar ó cume! Deixemos que se funda todo!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania