Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que suba o pan, e que baixe a caña

jueves, 13 de septiembre de 2007
En tempos, o berro de "Que suba o pan, e que baixe a caña", era o desideratum do popular, como un desexo de que o mundo se trastocase de xeito definitivo, de maneira que se rompesen todos os moldes e a anarquía reinase na economía e, sobre todo, no global da sociedade.

Estamos a punto de cumplir unha das partes do desexo, porque o pan que xa nos parece ten uns precios elevadísimos só disimulados polo importe en euros que parece rebaixar globalmente a contía do que pagamos, vai subir arredor dun dez por cento, motivado pola alza dos custos da fariña.

Descontado que existe un mercado mundial que inflúe nestas alzas, unha das posibles razóns non a creríamos se nola dixesen hai só un ano, xa que suponse que os biocombustibles que algún día serán substitutos do petróleo baséanse en cereais, non sendo o trigo alléo a tal cuestión. Dahí, a súa revalorización.

Subirá o pan, irremisiblemente, xa que o teñen anunciado, motíveo ou non o biocombustible.

¿Baixará a caña?. Pode, porque como agora xa non se comercializa a caña artesá – disfrutada somente polos sibaritas coñecedores do mercado – a produción industrial, nada que ver coa verdadeira, pode permitir abaratar o que é tamén un artigo de luxo.

En fin, que subirá o pan. E a caña, ¡a saber!.

¡O mundo do revés!
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES