Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O enterro da Sardiña na cidade de Lugo (8)

miércoles, 11 de abril de 2018
O Enterro da Sardiña nos anos 1994 e 1996
Tras un paréntese de dous anos, o Enterro da Sardiña volveu saír no ano 1994, organizado polo Patronato de Cultura do Concello e a recén creada Asociación de amigos do Antroido. A comitiva fúnebre saiu ás 20,30 horas do Círculo das Artes. O percorrido do enterro, a disposición da comitiva fúnebre, e as salmodias que se pronunciaban nas Prazas do Campo e da Soidade, eran as mesmas de anos anteriores. A única variante eran os ferretes que se cantaban desde o templete da música. Este ano a Asociación de amigos do Entroido cantou unha copla, que pretendía ser un resumo de todo o acontecido na cidade o pasado ano. Así, había referencias a Continente, ás eleccións galegas e ás corruptelas políticas. Tamén houbo algúns ferretes adicados ao edil socialista José Antonio Mouronte Neira.

En la Casa Consistorial
aquello era un infierno
y la cosa iba muy mal
por falta de gobierno.

Y entonces con mucha fe
se esclareció el horizonte
en cuanto los del PP
se atrajeron a Mouronte.

Asimesmo tamén houbo algunhas críticas contra o alcalde Notario.

Que no sólo son tapones
que el desperfecto es muy vario
por muchas de las razones
que nos quiera dar Notario.

Ademais, este evento aproveitouse para establecer un paralelismo entre o Liceo barcelonés e a muralla romana.

Mientras se llora sobre las ruinas (que más bien parecen cenizas de falla),
en nuestra ciudad de Lucus Augusti,
sin que a nadie importe
se cae la Muralla.

Venga usted a Lugo, señorita Alborch.
Venga usted, ministra de sonrisa clara
venga a condolerse, como en Barcelona
al ver el estado de nuestra muralla.

No ano 1995 non houbo enterro, mais si volveu saír cunha climatoloxía adversa no ano 1996, repetindo a mesma organización; os mesmos criterios para dispoñer a comitiva; o mesmo percorrido e as mesmas cantigas, tanto na Praza do Campo como na da Soidade, que en anos anteriores. Varios membros da coral de San Antonio cantaron algunhas coplas referidas aos concelleiros, que integraban o grupo de goberno.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES