Ai, Dalai Lama!
Editorial - miércoles, 12 de septiembre de 2007
O Dalai Lama, deus terreo para millóns de crentes, estivo en Barcelona. Alí deu unha conferencia e impartiu e recibiu desexos de paz e amor para toda a humanidade, desexos ós que nos unimos de xeito incondicional porque nos cae e xeralmente cae a todo o mundo- ben este lider expulsado da súa terra, expoliado en todo o seu patrimonio hasta no espiritual, e que a pesar de todo segue a predicar a paz mundial nun mundo cada vez máis necesitado de tranquilidade e paz.
Chama a atención sen embargo que en algunhas informacións periodísticas se diga que o Dalai Lama comparou Catalunya co Tibet, e eso xa nos preocupa. Porque se Cataluna se parece ó Tibet, o mesmo pode considerar se visita Galicia.
Catalunya non é punto máis alto de Europa nin siquiera de España, co que o parecido físico non existe. Catalunya non ten a metade da súa población espallada polo mundo adiante por motivos políticos e económicos, co que a similitude non aparece. Catalunya, en fin, non foi sometida por un exército extranxeiro que expulsou ó poder establecido, ó clero e a milleiros de crentes cando non os matou.
¿En que se parece Catalunya ó Tibet?.
Cantaba Meccano, Ai, Dalai, hai anos Como hojas los estrellas rojas / cayeron sobre el valle de Lhasa / a liberar al pueblo de su religión./ En nombre del progreso y de la revolución / quemaron tradiciones y pisaron el honor. / El rey de las montañas tuvo que escapar / vestido de mendigo / y con alma envuelta en el ombligo.
Ai, Dalai, que hai que ter coidado co que se dí. E mira que nos cae simpático.
O que sí temos moi claro é que Galicia non se parece ó Tibet. Os nosos cumes, aínda que tesos, son máis vellos, redondeados e pequenos. A nosa xente cre no que lle peta. Os emigrantes veñen máis ca se van.
O Tibet, para nós, é o país máis exótico da terra. E seguro que desde o Tibet, nós somos máis exóticos aínda. Gracias a tódolos deuses, mesmo ó seu.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora