O éxito das persoas loitadoras
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 12 de abril de 2018
Nesta época que nos toca vivir, oímos queixas por todas partes:
-Xoves que queren realizarse no mundo laboral e non encontran a fórmula axeitada.
-Pensionistas que cobran pensións dignas, outros que cobran moi pouco, outros que cobran a non contributiva
-Gobernantes que non dan gobernado e outros que teñen a fórmula máxica para todo.
-Manifestacións por aquí, manifestacións por alí e manifestacións por acolá
Uns casos con máis xustificación, outros con menos, outros con ningunha
Son moitos os que intentan sacar tallada
Uns con razón e outros sen ela.
Xa se sabe:
A río revolto, ganancia de pescadores
¿CANDO NOS TOMAREMOS A VIDA COA SERIEDADE QUE SE MERECE?
Que todos necesitamos un posto de traballo é ben certo.
Que todos fagamos o esforzo necesario para conseguir ese posto desexado, xa non é tan certo.
Que hai xoves que teñen traballo a tope e outros que non, tamén é verdade.
¿Por qué algúns teñen traballo a botar polos ollos?
¿Será porque teñen sorte?
Certamente, a sorte sempre é un factor a ter en conta.
¿Será porque pertencen a familias con influencia?
Pode haber algún, pero a maioría
A maioría teñen traballo porque:
-Son bos profesionais.
-Son moi sacrificados.
-Son moi responsables.
-Non regatean esforzos.
-PORQUE SON LOITADORES NATOS.
¿POR QUE HAI PENSIONISTAS QUE SE DEFENDEN BEN E OUTROS NON?
Os que se defenden ben é porque cotizaron ben.
¿Por que cotizaron ben?
-Porque dedicaron unha boa parte da súa xuventude preparándose concienzudamente para ocupar un posto con moita responsabilidade.
-Porque prestaron moitos anos de servizo á comunidade.
-Porque desempeñaron postos ós que non todo o mundo pode acceder por falta de preparación.
Todos sabemos que non tódolos traballos esixen o mesmo nivel de preparación ni a mesma responsabilidade aínda que esta sexa condición necesaria en tódolos casos.
PORQUE FORON PERSOAS LOITADORAS Ó LONGO DE TODA A VIDA LABORAL.
Os que van moi xustos ou non se defenden, pode ser por varios motivos:
-Porque cotizaron pouco tempo e compartiron o seu tempo con outro tipo de actividades
-Porque a súa cotización foi a mínima e de donde non hai, non se pode sacar.
-Ou porque non cotizaron e dedicáronse a outros menesteres.
-E tamén se teñen dado casos dalgún empresario aproveitado que os tiña traballando en situación ilegal.
CERTO QUE TODOS NECESITAMOS VIVIR E TER UNHA PENSIÓN ACEPTABLE Á HORA DA NOSA ANCIANIDADE.
Pero
-Nin todos cotizamos o mesmo tempo.
-Nin todos cotizamos a mesma cuantía.
¿Sería xusto que cobrara igual o que cotizou dez anos que o que cotizou corenta?
¿Ou o que cotizou catrocentos euros/mes que o que cotizou cen?
Non. Claro que non.
En condicións normais, cadaquén deber cobrar conforme ó tempo que cotizou e á cuantía que cotizou (Cargos políticos a parte, eses ríxense por outras normas que eles mesmos confeccionaron anteriormente
)
¿POR QUÉ OS GOBERNATES NON DAN GOBERNADO E OS DA OPOSICIÓN TEÑEN SEMPRE A FÓRMULA MÁXICA DEBAIXO DA SOLAPA?
Aquí tamén habería moita tea para cortar:
Dentro dos gobernantes hainos moi eficientes e outros que estarían mellor noutro posto.
Hai gobernantes moi honrados e outros sen escrúpulos como pasa en tódolos colectivos da vida.
O labor que fan os bos case non se nota; pero o que fan os malos
Os que lles toca gobernar, teñen que loitar contra vento e marea.
Os que están na oposición, tócalles opoñerse e canto máis, mellor.
Unha persoa pode facer cen cousas boas e non ser aplaudida porque fai o que debe; pero como faga unha mal
xa a ten clara.
E se esa persoa é un gobernante; chóvelle polos catros costados.
Gobernar debe ser unha cousa moi difícil, porque a min xa me da traballo abondo con gobernar máis ou menos ben a miña propia vida.
E
¿POR QUE A OPOSICIÓN, sexa esta do partidpo que sexa, SEMPRE TEN A FÓRMULA MÁXICA PARA TODO?
-Porque, entre outras razóns máis ou menos obxectivas, INTENTA POLOS MEDIOS QUE SEXA, INSTALARSE NO PODER.
Porque o poder é os cartos teñen moitos pretendentes.
O PODER E OS CARTOS TEÑEN MOITOS PRETENDENTES
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora