Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desdramatización, graos medios e posibilidades

miércoles, 11 de abril de 2018
Quero reflexionar sobre unha charla TED dada por Ana Clara Tortone e quizais o primeiro que sinto a necesidade de facer é felicitala, xa que comparto con ela unha visión inclusiva da diversidade funcional.

No caso de Ana Clara ten un fillo con síndrome de Down e procura que esta característica sexa simplemente algo distinto dentro dun mosaico social inclusivo. Por iso, nas súas charlas procura transmitir que o seu fillo é un máis e que ela non tivo ningunha desgraza senón que acometeu a crianza dunha persoa con necesidades diferentes.

A discusión vén cando afirma que non hai graos, o que non hai son dous casos iguais pero si patróns comúns. Ademais disto, hai que afrontar como sociedade o feito de que tradicionalmente se lle carga á familia o correcto desenvolvemento da persoa, sen ter en conta que cada familia é froito dunha realidade que lle outorga un teito de posibilidades. Isto quere dicir que, ao igual que na vida, no desenvolvemento dunha persoa con diversidade funcional, non existe a igualdade de oportunidades no punto de partida. Segundo a realidade en que un nace e medra agroman unhas posibilidades ou outras.

Imaxinando dous casos en igualdade de condicións, hai que lembrar que cada persoa é única e irrepetible; polo tanto, vai idear respostas orixinais á realidade que lle é propia. Non podemos catalogar a diversidade como non podemos catalogar ás persoas. Demostrouse a terrible ineficacia da etiquetaxe. Fronte a ela a desdramatización axúdanos a desbrozar o camiño do coñecemento mutuo, un coñecemento que pode ser alicerce de inclusión.

Comprendo e comparto o corpus loitador de Ana Clara que ben podía protagonizar aquela canción de Viglietti. Mais eu partiría do recoñecemento da diversidade e do seu contexto para loitar por forxar e extender un contexto xusto que permita o desenvolvemento do ser humano en calquera lugar e en calquera tempo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania