Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sentimento relixioso

lunes, 09 de abril de 2018
Estamos vendo que o franquismo e o nacional catolicismo seguen imperando, marcados pola relixión da espada que pasa á transición como marca non superada aínda. Hai poucos días defendín ao rapaz que se identificou cunha fotografía do “Jesús Despojado” que lle custou 480 € por non ir á cadea, cualificado como un acto blasfemo. Blasfemo?. Ademais de que o rapaz non blasfemou, tampouco sería delito por ser anulado no Código Penal en 1989 polos socialistas.

Claro que os mesmos socialistas volveron crear, na reforma do Código Penal de 1995, outro tipo de delito denominado “ofensas al sentimiento religioso”. Parece que o puxeran máis difícil aínda.

Algunha destas sentencias condenatorias, que aplican os nosos xuíces, corríxenas os tribunais europeos, con moito atino, digo eu.

Hai poucos días recibo da Comisión de Laicidad de Comunidades Cristianas de Base de Madrid o artigo “Ofensas al sentimiento religioso en el siglo XXI?”.

Ese artigo do Código Penal é ben difícil de aplicar e queda aclarado con estas preguntas que se fai o estudo desta Comisión:

“¿En qué se diferencian los sentimientos religiosos de cualquier otro para ser más protegidos?” Porque hai outros moitos sentimentos que teñan que protexerse tamén: sentimentos filiais, paternais, humanos, sentimento de amor y amizade. Por que a ofensa aos relixiosos son delito, e os outros non.
“¿Cuándo y Cómo se puede determinar con objetividad que se ofenden los sentimientos de alguien? ¿Son los sentimientos materia que deban proteger las leyes?”.

Aínda que temos xuíces que non teñen problemas nin se fan estas preguntas para aplicar o tal delito, outros moitos xuíces, emporiso, de feito, non atopan xeito de aplicar condenas por este motivo. Como lles pasou aos Maxistrados que, no recurso, absolveron a Rita Maestre do delito de profanación aos sentimentos relixiosos e da multa 4.320 Euros, ao sumo unha falta de respecto. Naquel artigo de defensa remataba eu cun laudo que a alguén non lle prestara: “Benia ti, Rita Maestre, que nos fas descubrir tantos privilexios anti-evanxélicos que aínda herdamos nesta Igrexa nosa que non acaba de desprenderse dunha época franquista, trasnoitada”.

Eu ben entendo que as blasfemias ou os xestos e burlas ao sagrado feren os ouvidos ou a vista de moitos relixiosos ou crentes. Mais temos que pensar que todo isto supón unha crítica ao poder que abusou e aínda abusa dise sagrado.

Por iso remato co parágrafo desta Comisión de laicidade: “Como cristianos de base, a la vez que demandamos de legisladores y gobierno la supresión de ese artículo, requerimos de la jerarquía de la Iglesia Católica que, lejos de poner obstáculos, apoye abiertamente ese cambio legislativo y evite así el descrédito del Cristianismo que provocan los grupos y personas de actitud fundamentalista y fanática, que no aceptan la convivencia en libertad que nos concierne a todos”.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES