A UNED SENIOR realizou actividades e conferencia para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Colon, que se celebrou o 31 de Marzo. Para visibilizar a enfermidade e concienciar sobre hábitos de vida saudables que axuden a previla.

Resumo da charla:
O cancer colorectal é o crecemento incontrolado das células do colon e/ou recto.
Os tumores malignos colorectales son moi frecuentes a partir dos 50 anos.
O 90% dos cancros colorectales son adenocarcinomas.
Factores de risco:
. Dieta rica en graxas.
. Dieta pobre en froitas e verduras frescas.
. O ter pólipos en colón e/ou recto predispoñen.
. Tamén predispoñen as enfermidades intestinais inflamatorias (enfermidade de Crohn e a
colitis ulcerosa).
. Ter un cancro de colón previo.
. Ata un 25% dos pacientes teñen un familiar afecto
. E en menos 10% existe un compoñente hereditario
Prevención Primaria:
. Aumentar o consumo de vexetais e froitas frescas, evitar dietas moi ricas en calorías.
. Non fumar.
. Evitar a obesidade.
. Realizar exercicio físico.
Prevención Secundaria:
. Poboación de risco medio: aquela maior de 50 anos sen outros factores (programas de cribado
das Comunidades Autónomas que se basean na realización dunha análise de sangue oculto en feces, cunha periodicidad bianual. Este cribado realízao o SERGAS na nosa comunidade, no noso Médico de Familia. Si é positivo hai que realizar unha colonoscopia para ver o intestino por dentro).
. Poboación de risco alto: aquela con cancros de colon na familia. O screening realízase preferentemente con colonoscopia. Nalgúns casos está indicado realizar outras probas complementarias, como mamografías ou exploracións xinecolóxicas, porque o risco de desenvolver
outros cancros aumenta.