Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: Encontro no Ouro

lunes, 10 de septiembre de 2007
Nace o río Ouro no Xistral, terras outas e bravías ás que dan nome, a cabalo entre a Mariña lucense e a Terra Chá, entre os ermos do pastoreo e as formas xeométricas da terra do pan, o aire húmido e o intenso verdor da franxa litoral. No medio, un conxunto de suaves elevacións orográficas de considerable humidade ambiental, ceos grises, pobos illados e encrucilladas de ríos perezosos…

Polas súas cumes e ladeiras trotan, en absoluta liberdade, eguas e cabalos que chegado o verán serán os protagonistas do espectáculo, tan vello e sempre novedoso, da rapa das bestas.

Vinte kilómetros separan o berce do río de onde entrega as súas augas ó Cantábrico, en Fazouro, o lugar que no século XVII o cartógrafo portugués Pedro Teixeira, autor do famoso "Atlas do Rei Planeta", chamou Fozdouro; nominación que parece a mais axeitada, pois se temos en conta que foz significa “desembocadura” e douro “do Ouro”, está ben clara a etimoloxía daquel nome, o que fai pensar que posiblemente o actual Fazouro sexa unha dexeneración do topónimo primitivo.

Da fermosura do percorrido que segue a corrente fluvial da fe o feito de que o seu cauce serve de límite natural entre os dous concellos que conforman o chamado Val do Ouro e baña as súas terras, de idílica beleza: Alfoz e Valadouro.

Trátase polo tanto todo él dun espacio natural de singular valor dende o punto de vista estético e medioambiental, de ricas flora e fauna, ó longo do que os afeccionados ó deporte da caña atopan un escenario propicio para a práctica do mesmo: na súa parte alta, na que predominan as augas ràpìdas e claras, con abundante troita común; a medida que se introduce no val, as correntes discurren mais lentas e pódese pescar o reo, especie que todos os anos remonta procedente da ría para desovar.

“Os Sendeiros” é un colectivo para a práctica do sendeirismo que está a realizar un meritorio labor non só dende o punto de vista puramente deportivo -con toda a incidencia que para a saúde física e mental ten tal actividade- senon tamén dende a educación medioambiental e a cultura, a través do coñecemento e da posta en valor dos recursos naturais, e polo tanto do respecto e o coidado dos mesmos, empeño que debería axudar a activar a fibra sensible da cidadanía e sobre todo de quen gobernan as institucións, que evitaran os lamentables episodios de espacios de interese ecolóxico, paisaxístico e polo tanto social, sumidos en deprimente abandono, refrexo da desidia e a insensibilidade, que tanto abundan no noso contorno.

Dende esta filosofía, que é a razòn primeira do seu existir, “Os Sendeiros” organizan para o vindeiro sábado o que pretende ser unha gran xuntanza de xentes que participen do mesmo interese: o “I Encontro no río Ouro”, vai a propiciar unha experiencia ilusionante, divulgadora da beleza dun anaco da xeografía do noso concello: tras percorrer o litoral ata Fozdouro, nunha excursión que partirá a carón da estatua da peixeira no porto, fronte á ría de Foz -e non "do Masma" como de xeito incorrecto se dí con demasiada frecuencia, mesmo dende as esferas oficiais, o que, de non evitarse, acabará falseando o topónimo-; un percorrido que non por coñecido perde un ápice da súa fermosura e engado, para adentrarse na natureza envolvente que engalana ó Ouro para alí, “entre os cantos dos paxaros: como o merlo rueiro, paporrubios e verderois” vivir unha reconfortante xornada de convivencia e irmandade, cun telón de fondo no que natura se amosa exuberante, inmaculada.

Como se di no folleto elaborado polos organizadores: "ao longo de toda a ruta as vistas serán espectaculares. En todo momento os sendeiristas disfrutarán do mar, da natureza, da flora e da fauna que habita entre nós”.

Brindamos polo éxito deste “I Encontro no Ouro”, ben merecido polo considerable esforzo que esixe a organización dun acontecemento destas características e a ilusión posta no mesmo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES