Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pepito, do Orfeón Lucense

viernes, 06 de abril de 2018
O seu nome era José Ángel Nuñez Varela, pero para os membros do Orfeón, os seus compañeiros, os seus amigos, era PEPITO MARMOLERO, polo agarimo e pola profesión, por tantos anos de compañía, porque era un dos nosos.

Cando no 2007 o Orfeón celebrou os 25 anos da súa refundación por don José Castiñeira, homenaxeamos aos fundadores cunha placa de lembranza do seu especial papel nesta agrupación. Un dos homenaxeados foi José Angel, que agora se nos foi, como se nos foron fisicamente daqueles fundadores Luis Vazquez Muñiz e Enrique Aguiar Burgos… que seguen estando entre nós cada vez que nos poñemos a cantar.

Pepito Marmolero, voz grave, xenio alegre, era o primeiro en cantar cando a festa chamaba… E por aquela querencia de ter sido cantor de outras agrupacións profesionais, en canto o momento do canto empezaba, buscando acompañamento musical, collía unha botella, e introducía na súa boca un par de cucharillas do café para conseguir un instrumento xenuino que soaba a campaiña ou axóuxere, e empezaba a cantar. Os nenos da Escolania que daquela tiña o Orfeón chamábanlle a José ángel “Pepito cucharillas”, con toda a razón do mundo; con todo o amor do mundo.

Unha das cancións que sempre tiña que soar, peza obrigada, era e é a que pregoaba que “Salió de Jamaica rumbo a Nueva York un barco velero, cargado de ron”… E cando soaba o estribillo de “No siento el barco que se perdió, siento el piloto y la tripulación. Pobres marinos, pobres pedazos del corazón…”, e aquí todos enmudecíamos hasta que Pepito proclamaba “que la mar brava!”… e logo todos repetíamos “que la mar brava, se los llevó!”.

Gayoso, o noso compañeiro, herdou de Pepito esta exclamación lastimeira e dorida, que sempre soará nos nosos corazóns.

Pepito fora un destacado xogador de futbol nos equipos máis representativos da capital lucense. Pepito era, ademáis dun entrañable compañeiro, un cumpridor escrupuloso, un devoto da música, un alegre trovador ao que a música o tiña dominado con toda a forza que esta arte é capaz de abranguer a un espírito sensible. Fundador tamén, por certo, do coro desta parroquia de San Francisco Javier.

Deixa no Orfeón amigos entrañables, compañeiros de tantos anos, e amigos máis recentes que tiveron a ocasión de con el tratar, e del aprender. E deixa no conxunto de todos nós un baleiro inconmensurable; eses baleiros que deixan as persoas de boa fe, ledas por natureza, que aman a vida e as xentes, que aman a arte e a compañía… Como dicía Machado:: “Son buenas gentes que viven, laboran, pasan y sueñan; y un buen día, como tantos, descasan bajo la tierra.”.

No nome de todos os que o queremos no Orfeón Lucense, cantando, decímoslle ata sempre, desexando que a terra lle sexa leve, e esa “mar brava” (recordas Pepito, capitán?), te leve ao mellor dos portos, onde xa estás agardando por nós.

(Leído polo autor -Presidente do Orfeón Lucense- o 5 de febreiro de 2018, no funeral de PEPITO MARMOLERO, do Orfeón, na igrexa parroquial de San Francisco Javier de Lugo).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania