Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Prestige de nunca acabar

lunes, 10 de septiembre de 2007
Coidabamos asulagado o Prestige baixo metros e metros de auga fría do Atlántico e alí está, pero de cando en cando volve asomar navegando por riba noso e do País.

Dunha banda, necesitamos esquecernos do Prestige para vivir normalmente á beira do Gran Mar que, de cando en cando, nos depara sorpresas, moitas veces agradables. Pero tamén precisamos lembrarnos del para evitar que volva suceder algo que ninguén quere, que todos desexamos que non ocorra “Nunca máis”.

Están os restos do Prestige a descansar nunha cordillera submarina, a tres kilómetros e medio de profundidade, e quérese inspeccionar para ter a certidume de que dalí non vai sair máis petróleo contaminante. O que quere dicir que este vai ser un proceso sen remate porque sabendo que no buque hai milleiros de toneladas de fuel que son un perigo lonxano e incerto, non hai previsión dun tempo no que poidamos esquecer totalmente o nome que resultou funesto para Galicia hai catro anos.

As perdas que o Prestige rexistra, ó parecer de arredor de cincuenta litros ó día, son unha gota no mar, e tardará séculos en agotarse este profundo manantial de mouro ouro non aproveitable.

Se hogano hai espadas de Damocles, a do Prestige é un exemplo excelente do que pode significar ter pendiente un tema practicamente irresoluble que en cualquera momento pode volver facérsenos presente, gota a gota, onda a onda, susto a susto, polo que só podemos agardar.

Moito vai dar aínda de si esa bomba de tempo chamada Prestige: Como ameaza, como arma, como presencia invisible que nin trillóns de toneladas de auga do mar son quen de asulagar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES