Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O enterro da Sardiña na cidade de Lugo (7)

miércoles, 04 de abril de 2018
O Enterro da Sardiña nos anos 1989-1990-1991

No ano 1988 non puido saír o Enterro da Sardiña por problemas persoais dalgúns membros da confraría, que participaban habitualmente.

No ano 1989 Manolo Granxeiro, aceptando o encargo de José Barreiro, foi nomeado presidente da Confraría do Enterro da Sardiña. Os seus membros ensaiaron varios días no Círculo das Artes para ter todo a punto o mércores de cinza.

O Enterro da Sardiña saiu, como todos os anos, ás oito da tarde do Círculo das Artes. Este evento estivo organizado pola Muy Noble Confraría da Parranda, colaborando tamén o Concello e o Círculo das Artes. Estivo acompañada, como en anos anteriores, por estandartes, incensarios, mariñeiros, choronas, coro e música. Como figuras notables: O Gran Espetón, O Gran Escarpinante, Don Carnal e Dona Coresma. No percorrido, que foi o habitual destes últimos anos cantouse o Canto Patético, tanto na Praza do Campo como na da Soidade. Logo, a comitiva fúnebre accedeu á Praza de España polas rúas de Armañá e Doutor Castro. Alí, o Gran Espetón, que era Gerardo Pardo de Vera, procedeu á lectura dos ferretes. Algúns reflectían o enfrontamento existente entre Vicente Quiroga e Cacharro Pardo.

No me meteré en la obra
ni con él trabajaré,
que para lío me sobra
el que viene con AP.

Hombres que blanquean dineros
a base de excavaciones
van a ser los primeros
en pillarse los muñones.

De los negocios subterráneos,
de las economías sumergidas,
de piratas mediterráneos,
y de lealtades fingidas...
y de todo mal,
libranos Don Carnal.


Ao rematar o enterro a confrade Pilar Revilla, en representación dos demais, impuxo a José Barreiro a primeira insignia de ouro do Enterro da Sardiña. Xa durante o desfile un confrade adicoulle un ferrete que dicía:

Permitanme si no ofendo
que haga un inciso genial
para elevar a un señor
que es quien mueve el carnaval.
¡Que viva Pepe Barreiro,
que es primo de don Carnal!


No enterro do ano 1990, tanto a organización, como a comitiva, percorrido, canto patético e a música dos choróns dos Gabiláns é a mesma que nos anos anteriores. A novidade radica nos ferretes que «O Gran Espetón» pronuncia desde o templete da música, situado na Praza de España.

Ferretes do Enterro da Sardiña. Ano 1990

Foron elaborados por Gerardo Pardo de Vera, que fixo o papel do «Gran Espetón» no presente ano.

Almoneda de librero
será la triste memoria
de este loco Ayuntamiento
que quedará, tras el tiempo
en el desván de la historia.

En alcobas amatorias
de nuestra Diputación
en oscuros entreactos
se cocinaban los pactos
que nos cuestan un riñón

Quiroga se manifiesta
por fin contras sus patrones.
Arruinan su conciencia
y le minan la paciencia
tirando de sus calzones.

Y el romance y la pelota
que pregonó el mutuo afecto
de los chicos quiroguistas
traicionó a los socialistas
que ampararon al Prefecto.

El amor volvió en secreto.
Se pegó el gran revolcón:
Ulloa cambió el pijama,
Cacharro puso la cama
y don Vicente el colchón.

Vecinos, cosas veredes,
que colman vuestras paciencias:
contables muy distraídos,
que ahora llaman los más vivos,
traficantes de influencias.


O Enterro da Sardiña do ano 1991 repetiu a mesma organización, os mesmos criterios para dispoñer a comitiva, o mesmo percorrido e as mesmas cantigas que en anos anteriores. Mesmo os ferretes, que se mencionaban desde o templete da música e que adoitaban ser diferentes aos anos anteriores, neste ano por enfermidade do que os fixo son os mesmos que o ano anterior.

A comitiva fúnebre estivo dirixida polo xerente do Patronato de Cultura do Concello de Lugo, Francisco Rivera Cela, que recitou diferentes salmodias do «Canto Patético» tanto na Praza do Campo como na da Soidade. Ao chegaren o desfile funerario á Praza de España, Francisco Rivera citou uns breves pareados adicados ao alcalde e aos concelleiros Xullo Méndez e Cándido Sánchez Castiñeiras. Finalmente, Jorge Rivera desde o templete da música volveu rememorar os ferretes que o ano anterior elaborara Gerardo Pardo de Vera.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania