Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O legado humano de Stephen Hawking

martes, 03 de abril de 2018
O legado humano de Stephen Hawking A raíz da súa morte, falouse moito do legado científico que deixou, pero tamén é necesario resaltar a súa parte humana. Toda unha lección para as persoas que, coma el, compartimos dificultades físicas.

Por entender un pouquiño a súa situación hai que ter en conta que lle diagnosticaron, aos 21 anos, unha esclerose lateral amiotrófica, máis coñecida como ELA. Destrúe as células do sistema nervioso encargadas da actividade muscular voluntaria; sen embargo, o cerebro mantense lúcido. Desde o ano 2005 só podía comunicarse movendo un músculo baixo un ollo co que accionaba un “sintetizador de voz”.

Despois de prognosticarlle dous anos de vida, remontou unha grave crise depresiva e soubo sacar partido do seu problema aproveitando unha mente portentosa ao máximo. Certo é que o rodeaba unha infraestrutura moi complexa que suplía todas as súas limitacións físicas. Posiblemente se queden polo camiño algúns cerebros por falta dos apoios necesarios, xa non digo para chegar a niveis tan altos senón para levar unha vida digna. A modo de exemplo lembremos que hai persoas dependentes que os sábados e os domingos non dispoñen de axuda como se eses días non houbera que levantarse, asearse, comer…

Estes son algúns dos seus pensamentos:
“En cierto modo mi discapacidad ha sido una ayuda. Me ha liberado de dar clases o participar en aburridos comités y me ha dado más tiempo para pensar e investigar”.

“He aprendido a no mirar demasiado adelante, a concentrarme en el presente”.

“Incluso las personas que dicen que no podemos hacer nada para cambiar nuestro destino, siguen mirando a ambos lados antes de cruzar la calle”.

E por último, “Recuerda mirar arriba, a las estrellas, y no abajo, a tus pies. Intenta encontrar el sentido a lo que ves. Sé curioso. Y por muy difícil que te parezca la vida, siempre hay algo que puedes hacer y en lo que puedes tener éxito. Lo único que cuenta es NO RENDIRSE”.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES