Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entrega do Premio Trapeiro de Honra 2018 a Raúl Río Díaz

martes, 03 de abril de 2018
Entrega do Premio Trapeiro de Honra 2018 a Ral Ro Daz A Asociación Sociocultural Lareira de Soños vén de decidir que Raúl Río Díaz sexa distinguido co Premio Trapeiro de Honra 2018 na súa quinta edición como vilarego exemplar, sumándose así a Xosé María Díaz Castro, a Romaría Labrega da Chaira, Pepe de Cristos e Asunción dos Ares, galardoados nas anteriores edicións. Raúl, distinguido tamén no 2016 coa Navalliña de Manuel María, é un grande activista da nosa cultura e un home comprometido, amante das artes e das letras e un dos principais embaixadores de Diaz Castro e dos Vilares. Grande coñecedor da historia da parroquia, ademais de permanente colaborador de iniciativas culturais e políticas na Terra Chá e en Euskadi. Fachendoso das súas orixes, non perde a oportunidade de organizar en Euskadi, a súa segunda patria, actividades e eventos relacionados con Guitiriz e Os Vilares. Socio fundador da Asociación Sociocultural Lareira de Soños dos Vilares, a decisión unánime da propia asociación evidencia o cariño e recoñecemento xeral da veciñanza a este vilarego, obreiro, escultor, pintor, documentalista, fotógrafo, escritor e sobre todo grande persoa, e con grandes valores humanos.

A figura de Raúl personaliza neste premio a homenaxe aos emigrantes daqueles anos 60 e 70 que se viron obrigados a sair a gañarse a vida polas dificultades de tempos escuros do franquismo abandonando o rural para buscar o sustento en zonas industrializadas; pero tamén a tódolos loitadores comprometidos coas súas orixes e coa súa cultura. Un premio que agradece a Raúl e á multitude de traballadores o seu amor pola patria e polo rural chairego e galego.O acto de entrega da V edición do Prémio Trapeiro de Honra ao vilarego Raul Rio, designado para este ano 2018. Na figura de Raúl simbolizamos a todos aqueles emigrantes que tiveron que marchar para sacar adiante as suas vidas pero que nunca abandonaron as suas raíces. No caso de Raúl, perfeitamente integrado na sociedade que o acolleu, é o perfecto exemplo de conexión entre ambas culturas. Os Vilares rinde asi tributo a un dos seus fillos mais comprometidos, co seu amigo o poeta Diaz Castro, coas súas xentes e história locais e con Galiza en xeral. Un acto que se celebrará na igrexa parroquial de San Vicenzo dos Vilares, o seu lugar de nacencia, coa presenza de numerosos amigos e veciños.

O acto será o sábado 7 de Abril ás 18:00. E contaremos no acto de entrega con Pas Veres e Antón de Guizán da Lareira de soños que farán as presentacións, a poeta da NPG Mar Beres, a artista chairega Isabel Pardo, o crítico literário Armando Requeixo, os xornalistas Man Castro e Xulio Xiz, familiar e amigo de Diaz Castro respectivamente, os músicos Mini Rivas e Mero Iglesias, o museólogo Felipe Senén, os cregos amigos Xaquín de Roca e Alfonso Blanco de Xermolos e o acordeonista de Lanzós Manuel Figueira que amenizará o acto acompañado dun flautista.

No mesmo acto faraste entrega do Prémio a Raúl Río da figura representativa deseñada pola artista Viki Rivadulla e tamén ás famílias dos dois galardoados anteriores, Pepe de Cristos (2016) e Asunción dos Ares (2017). Figuras únicas realizadas a man e Sen moldes e cos nomes de cada premiado.

Posteriormente haberá unha cea cos intervintes e amizades de Raúl no restaurante O'KORREO de Guitiriz.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES