
O día 20 de marzo de 2018, ás 11,00 h., apareceu publicado en Opinión de www.galiciadigital.com o comentario "Feminismo", orixinal de Suso Fernández (Jesús Fernandez López), asíduo colaborador desta Plataforma dixital, Fillo Predilecto e Cronista oficial de Foz (Lugo).
Quixo a sorte que número tan rotundo correspondese a un texto deste veterano escritor que extende o seu labor de cronista a toda a Costa lucense e moito máis aló, que ao aparecer fíxonos lembrar a xa lexendaria medida das 20.000 leguas que Verne elixiu para un periplo de navegación polos

mares do mundo que, irremisiblemente, tiña que recalar en Galicia, na percura do fabuloso tesouro de Rande.
20.000 artigos libres de opinantes libres, que van conformando un conxunto impagable de información, coñecemento e liberdade ao dispor de todos os internautas, urbi et orbe.
Cando comezamos o noso camiñar polo intanxible mundo da Rede, nunca puidemos imaxinar que 18 anos despois nacemos o fabuloso ano 2000- iamos contemplar a estas alturas do século e da vida tal fondura e riqueza informativa que cada día é máis fonda, e cada día agarda por máis liberdade e máis saber.
Desde a ledicia de tan longa andadura e a satisfacción das leguas recorridas, a esperanza de milleiros de leguas máis que percorramos pola liberdade da información e por Galicia.
Ver artigo en Internet Galicia