Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os músicos, peza clave

Rubia, Xoan - lunes, 02 de abril de 2018
Os msicos, peza clave Cando escoitamos unha canción sexa en directo ou grabada, poucas veces reparamos no que hai detrás, e só fixamos o noso ouvido no que case sempre soe levar os aplausos, o cantante, coma aquel que di: o que pon a cara. Pero no éxito dunha canción, amén de intervir outros factores, inflúe moito o equipo que está detrás e dunha maneira especial os músicos. Sen eles pouco ou nada podería facer un cantante. É moi importante reinvindicar a figura do músico, do que traballa na sombra formando parte da estruturamusical da peza e por suposto do arranxador pois os arranxos son á canción o que os ingredentes a unha fórmula culinaria: na medida que esos aditamentos sexan os axeitados así será o resultado final da receita.

Vouvos contar o que me pasou unha vez no Parque de Castrelos en Vigo:

A editorial Philips organizaba un macro festival con xente da empresa discográfica entre a que me atopaba e os músicos eran os que nos acompañaran nas grabacións nos estudos, entre eles o renombrado biaxista Eduardo Medina e o pianista Rafael Ferro que logo se foi con Julio Iglesias para acompañalo nas súas xiras polo mundo adiante.

Máis de dez mil persoas no recinto e eu decidín cantar o “Kumbayᔠacompañado da miña guitarra nada máis. Resulta que o micro da guitarra enmudeceu e eu atopeime perdido, só diante da multitude, pero de súpeto comecei a escoitar as miñas costas o baixo de Medina, xusto na miña tesitura marcando o ritmo, de seguido foise incorporando a bateria e para completar a improvisación o piano de Rafael Ferro. Foi coma un milagre: soltei a miña guitarra e comezaron a brilar miles de luceciñas de chisqueiros acesos , e tremei coa emoción. Sabíao, pero naquel momento decateime do importantísimo traballo dos músicos e do fundamentais que son para que a cousa vaia adiante coa solvencia debida. Foi das máis belidas interpretacións miñas en directo que recordo.

O público debera saber que detrás deses tres minutos que dura unha canción hai moitas horas de traballo, moito alto, moito imos arriba de novo! Así unha e outra vez ata que o resultado sexa satisfactorio. Músicos e cantante formando un todo absoluto na procura dun producto axeitado.

Serva o meu comentario de hoxe coma unha modesta achega reivindicativa aos músicos, coma agradecemento e recoñecemento ao seu traballo moitas veces non valorado na súa xusta medida.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES