Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O metílico en Baños de Molgas

lunes, 02 de abril de 2018
O metlico en Baos de Molgas Din que a avaricia rompe o saco. A avaricia de Rogelio Aguiar Fernández, natural de Rebeño (Pontevedra), pero dono de Bodegas Aragón de Ourense rompeu vidas humanas. Por culpa do alcol metílico. O alcol metílico ou metanol ou alcol da madeira ou alcol de queimar é un líquido volátil, incoloro e soluble en auga e outros disolventes. Trátase dun produto de uso industrial para a elaboración de disolventes, líquido limpaparabrisas, lacas, vernices, produtos plásticos, explosivos, etc.

Rogelio Aguiar mercouno a 9 e 12 pesetas para, ó mesturalo co alcol etílico de 96º ou vínico, vendelo a 15 e a 16, cando na realidade este último estaba a 30. Negocio redondo.

A primeira noticia descubriuse no marzo de 1963 na poboación de Haría, en Lanzarote, cando unha doutora farmacéutica sospeitou que algo non cadraba na morte de tres veciños e doutros dous que quedaron cegos. En Galicia, bastante antes xa houbera varias mortes que os profesionais sanitarios e as autoridades non relacionaran ou non investigaran ben. Unha desas mortes caeu no concello de Baños de Molgas, máis en concreto, en Santa Eufemia. Foi a de Aníbal Capelo Sobrino, que faleceu o 12 de maio de 1963, deixando viúva e catro fillos menores de idade.

En total seica foron 51 falecidos (13 na zona do Carballiño) e 9 persoas cegas, aínda que a cifra real pode contarse incluso por millares. Porque... estaba visto!, o ministro de Información e Turismo, don Manoliño Fraga, axiña tratou de diminuír o impacto mediático contra o réxime franquista, póndolle máis que pegas ás publicacións en prensa e na radio. Logo, para máis aquel, no xuízo que tivo lugar en 1967 contra 11 procesados, caeron unhas penas ridículas, entre 1 e 20 anos de prisión e indemnizacións que alcanzaban case 20 millóns de pesetas. E como a xustiza no noso país sempre foi como foi (sempre é como é), ningún dos condenados cumpriu máis de seis anos de cárcere, e como se declararon insolventes, ningunha vítima ou familiar recibiu nada de nada. Como se adoita dicir, marcharon coma se tal cousa, marcharon coma o peido do cu.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES