A que colexio acudir
Editorial - viernes, 07 de septiembre de 2007
En tempos, o tema estaba claro: Había que acudir á escola de pago, porque o ensino público non estaba prestixiado, e aínda os máis humildes se sacrificaban pagando as clases dos seus fillos para non mandalos á escola gratuita.
A escola mellorou porque mellorou a formación dos mestres, e a súa dotación permitíu evitar que seguira sendo verdade o aforismo sobre a fame que pasaban os mestres de escola.
Desde entón, un mundo de distancia. Agora hai escola pública ou privada concertada, gratuita para todos, diferenciándose unicamente no ideario dos promotores: de promoción estatal e polo tanto suponse que aberta a todo, e privada case sempre relixiosa- cun ideario que conservar e promover.
Neste momento, o único condicionamento é de carácter físico, segundo a demarcación onde viva o alumno. E, valorando diversos elementos, asígnanse prazas no colexio que quede máis perto da residencia, co que a liberdade de elección de centro queda supeditada ó dereito democrático de recibir ensinanzas o máis perto posible da casa do alumno.
Veñen de facerse públicos resultados de fracaso escolar en todo o Estado, e pode ser casualidade pero o fracaso escolar é porcentualmente o doble nos centros públicos que nos concertados.
Casualidade ou intencionalidade, as cifras deben motivar unha investigación detallada nos centros para comprobar os datos e, sobre todo, as causas e os efectos desta situación.
Os centros dun ou doutro lado son diferentes e iguais á vez. E posiblemente haxa interese en marcar diferencia prestixiando ou desprestixiando o seu ensino.
O tema deber ser estudiado e clarificado. Para saber que cuestións hai que ter claras á hora de elixir centro de estudios para os máis pequenos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora