Nunca choveu que non escampara
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de abril de 2018
Cando eu era unha nena de tenra idade, oía ás persoas maiores noticias moi pesimistas.
Comentaban noticias moi impactantes, eso que non tiñan acceso ós medios de comunicación de masas que temos hoxe.
Lóxico que os adultos procuraran non falar destas cousas diante da infancia, pero algo sempre se colaba porque a infancia presta moita máis atención da que parece a simple vista.
Cando eu oía aquelo, o meu corazonciño estremecíase pensando que ía ser de nós.
Non teño nin idea o que sentirán as criaturas de hoxe en día con este constante bombardeo de calamidades actuais.
O que si sei é que as noticias fálannos tanto destas cousas tráxicas unhas e moi negativas outras, que dá a impresión que xa estamos inmunizados.
¿Por qué será
?
Pode ser porque os que peitemos canas xa levamos visto e oído algo de todo e SABEMOS QUE OS PROBLEMAS NON SON ETERNOS.
Problemas e problemóns témolos a maioría das persoasó longo da vida; pero
afortunadamente ímolos solucionando da mellormaneira posible:
-Os problemas de estreitura económica; se hai saúde, soluciónanse espabilándose a traballar.
-Os problemas de saúde se son problemas cotiáns, ímoslles poñendo remedio coa sanidade que temos hoxe en día.
-Cando son problemas de gravidade terminal, teñen un final. Un final duro de asimilar, pero un final.
E detrás do sufrimento, vén a paz duradeira.
-Cando perdemos un ou varios seres queridos, quedamos moi tocados; pero andando o tempo ímonos repoñendo porque non queda outra.
A vida segue
Se botamos unha ollada ó noso carón, comprobamos que a vida ten:
-Cara e cruz.
-Días soleados e días nublados.
-Días de tronada e días de calma.
-Días de éxitos e días de fracasos.
-Días alegres e días tristes.
-Persoas que evolucionan e persoas que involucionan
.
Vexamos porque ten que ser así:
-Se a vida tan só tivera unha cara positiva
¿Saberíamos valorala?
NON, PORQUE NON EXPERIMENTARÍAMOS A OUTRA CARA E NON PODERÍAMOS COMPARAR.
-Se todo o ano quentara o sol
Non precisaríamos calefacción nin roupa de abrigo; poderíamos ir á praia moitos días; pero
MORRERÍAMOS POR DESHIDRATACIÓN.
E no tocante as convivencias, se non nos atopáramos pola vida conPERSOAS FALSAS, non saberíamos valora-las PERSOAS AUTÉNTICAS.
Por eso dicimos que ten que haber de todo na viña do Señor
-Se nunca tiveramos días axitados, días estresados, días límite
NON SABERÍAMOS VALORAR OS DÍAS DE PAZ E SOSEGO.
-Se non tiveramos fracasos, a nosa soberbia subiría polas paredes, seríamos insoportables.
Soamente recoñecendo os NOSOS FALLOS, sabemos valorar os NOSOS ÉXITOS.
E no tocante á relación coas outras persoas; FACÉMONOS MÁIS HUMANOS CANDO CELEBRAMOS OS SEUS ÉXITOS E COMPARTIMOS OS SEUS PRACASOS.
-Normalmente cando a vida nos sorrí, estamos alegres e cando non, estamos tristes.
A verdade é que eso non ten moito mérito.
MÉRITO TÉÑENO AS PERSOAS QUE SABEN VIVIR A VIDA CON HUMOR, as que saben darlle volta as cousas, as que saben ve-lo lado positivo, as optimistas, as positivas, as que irradian enerxía positiva por tódolos seus poros
AS QUE SABEN ALBISCAR UNHA LUZ Ó REMATE DO TÚNEL, POR MOI LONGO QUE ESTE SEXA.
-Cando a unha persoa lle vai ben a vida, evoluciona e cando non
Cando non, non pode evolucionar.
Normal.
Se sempre nos fora a vida vento en popa, non teríamos que esforzarnos para tirar do carro.
Non teríamos mérito ningún.
Pero
¿Onde está o mérito?
Cando a vida nos presenta probas, ofrécemos a posibilidade de demostrarnos a nósmesmosDO QUE SOMOS CAPACES DE LOGRAR CON TESÓN E ESFORZO.
Aí está o éxito das persoas loitadoras.
O ÉXITO DAS PERSOAS LOITADORAS
Este será o título do seguinte artigo.
Hoxe quero felicitar a tódalas persoas que das pedras saben sacar pan e das tristuras, alegrías.
Esas teñen moitísimo mérito.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora