Mellor caladiños
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 29 de marzo de 2018
Andando pola vida, observamos persoas:
-Que estando nun grupo queren se-las protagonistas e ter sempe a palabra.
Son persoas mal educadas, claro que si. Eso ninguén o pon en dúbida.
Teño oído que:
QUEN MOITO FALA, MOITO ERRA
Aquelas persoas que se comportan habitualmente así, resultan pesadas e, a veces, ata repelentes...
Cando as escoitamos, pensamos:
¿Non calarás un pouco?
¿E se estas persoasse dedican a sacar a luz, con razón ou sen ela, os defectos doutras persoas..?
Daquela a situación xa é máis perigosa porque podemos chegar a pensar:
O que me dis a min dos outros, disllo ós outros de min
Esas persoas estarían moito mellor caladiñas.
Hai persoas que saben a vida das outras, ou eso cren, e xúlganas sen o máis mínimo reparo.
XERALMENTE USAN ESE ESCUDO PARA OCULTAR OS SEUS PROPIOS DEFECTOS.
Aínda que vexamos defectos nos outros; nunca se pode dicir:
Desta auga non hei de beber
Non sabemos como reaccionaríamos se nos atopáramos na situación das persoas ás que xulgamos.
Unha cousa é falar da guerra e outra ben diferente é verse nela
Non podemos dicir:
Se fora eu faría doutra maneira
E podería ocorrer que esa outra maneira fora peor que a primeira.
Por exemplo:
Cando temos noticia de que unha persoa matou dun tiro a un ladrón que o atacou por sorpresa, e resultou que a persoa roubada tivo que pagar con anos de prisión
Escandalizámonos; pero:
¿Qué faríamos se nos víramos no caso?
Non sabemos o que faríamos nese momento ante o perigo. Seguramente actuaríamos por instinto de conservación ou
¿Quen sabe?
Cando unha persoaactíua dunha determinada maneira, as súas razón ten.
Pode estar máis o menos equivocada; pero eso é responsabilidade súa.
Por eso, moitas veces o máis aconsellable é: estar caladiños.
¿Que hai cousas que nos sorprenden?
Si, claro que si e moitas.
Moitísimas.
¿Qué hai cousas que non caben na nosa cabeciña?
Tamén.
¿Qué sería mellor dar un consello?
A veces si e a veces non.
Hai que ser moi cauto nestes casos porque nos expoñemos a perder o amigo ou a meternos en compromisos sen conseguir o noso obxectivo.
A min paréceme que as críticas deberían ser sempre constructivas; porque para seren destructivas, mellor non emitilas.
Mellor estar caladiños.
Preferible valorar o positivo das persoas e das situacións.
Aínda as máis negativas, teñen sempre algo de positivo.
Non existe o positivo en estado puro nin tampouco o negativo.
Pero deberíamos esmerarnos en buscar o lado positivo aínda que sexa coa axuda dunha lupa.
PARA XULGAR XA ESTÁN OS XUÍCES E A VECES BEN COMPLICADO QUE O TEÑEN.
Eu non quixera verme no seu caso.
Os cidadáns de a pé estamos para ser felices e facer felices os demais.
Se non está ó noso alcance facerlle a vida feliz ós demais, mellor quedarse caladiños.
Máis tarde ou máis cedo AS AUGAS VOLVERÁN ÓS SEUS CAUCES porque nunca choveu que non escampara.
NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA
Tempo ó tempo e moita, moita paciencia.
¡Que nunca nos falte!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora