Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Paz no mundo

miércoles, 28 de marzo de 2018
O día 29 de outubro de 2009 (vai para dez anos),celebrárase en Foz, con grande éxito, a “ 1ª Marcha pola Paz e a non Violencia no Mundo”, coa petición específica do desmantelamento das armas nucleares e o cese de toda violencia: dialéctica, física, económica, racial, relixosa, cultural, política, sexual e psicolóxica; sen dúbida, unha fermosa utopía pola que val a pena loitar.

É certo que se trata dun moi ambicioso propósito, que na súa procura esixiría o troque, paseniño, no comportamento que a Humanidade ven observando dende os seus albores, e que no S.IV a. de C. fixera decir ó filósofo romano Séneca: “Vivir é guerrear”.

A complexidade do enunciado, cos incontables atrancos que leva implícitos, acaso imposibilite o logro, en toda a súa dimensión, de tan nobre anceio. De ser así, hoxe a nosa Sociedade, tan conflictiva e agresiva, mesmo no entorno que nos resulta mais próximo, marcharía hacia uns comportamentos mais humanos, mais tolerantes, respetuosos e considerados que, cando menos en boa medida, fixeran esquecer a afirmación de Séneca, para propiciar outra sentencia que relacione o vivir co encontro civilizado entre as persoas: o diálogo, o respeto e tolerancia; é decir, aquelas condicionantes para unha convivencia armónica que non xenere violencia.

O logro da paz humana pasa pola toma de conciencia de cada individuo, e ha de comezar por nós mesmos. Non esquezamos que esa vontade ha de artellarse partindo da realidade cotiá, rachando con toda actitude que amose unha mínima mostra violenta ou belicosa nas nosas relacións persoais, familiares, económicas, culturais, deportivas, co medioambiente; o patrimonio artístico e cultural ou as distintas ideoloxías; etc. Difícilmente se pode aspirar a unha paz integral se dalgún xeito cultivamos siquera un asomo de violencia.

Naquela focega “1ª Marcha Pola Paz no Mundo”, tivera especial relevancia a presencia estudiantil, como corresponde a unha xuventude sempre altruista e sempre xenerosa: a xuventude é sempre a eterna esperanza dun mundo mellor.

(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES