Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arredor da fonte

miércoles, 05 de septiembre de 2007
Que agradable sorpresa cando na Praza do Campo atopei un mamotreto “arredor da fonte”, que a oculta dos nosos ollos para no interior efectuar obras de restauración!.

En lugar de escadas e andamios, da agresión visual de toda alteración no ritmo da cidade, hai un mural informativo con fotos históricas da fonte, con outras de Vega (que tamén son xa historia) e Tejero. Obras de arte de Guerreiro, Pestana, Castro Gil, Honorio, Guitar, Macía, Refojo, Sacristán, Lo Marti, Souto, Gesto, Prada e Espiral. Novo Cazón conta a historia da fonte. Blanca Besteiro aporta a súa arte restauradora, Resconsa acomete a obra, e o Concello de Lugo promove a acción que aplaudo con entusiasmo.

Esta fonte para Lugo é algo especial. Arredor dela escribíu un libro durante a súa estadía lucense Cesáreo Sánchez, que quedou conquistado por “O Cántico da Fonte”. Desde aquí, vía Pimentel subir as sombras en muletas, que viñan do Miño reptando polas costas empedradas.

Este monumento con Santo no cumio sempre foi moito máis ca un xeito de achegar a auga ó centro da cidade, que non era pouco, cando o Bispo Izquierdo pastoreaba Lugo nos asuntos espirituais e materiais, gañando a loubanza do cura de Fruíme: “A tu salud, Izquierdo, beba Lugo; y mientras beba Lugo, viva Izquierdo!”.

A vida pasa na Praza do Campo “arredor da fonte”. Hoxe, arredor da fonte, hai unha obra cultural ben feita. Felicitacións!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania