Volver empezar
Editorial - miércoles, 05 de septiembre de 2007
Chegou setembro, disfrazado con dous festivos ó comezo, e revestido dunhas temperaturas que sen dúbida xullo e agosto envexarían, pero xa non ten remedio.
Chegou setembro, como unha volta á realidade, pasado o espellismo do verán, superadas as ledicias económicas das xornadas festivas, e neso estamos.
Hai quen supón que agora é verdadeiramente cando o aninovo comeza e non o primeiro de xaneiro, porque o rompemento que agora se produce entre a vida do lecer e a do traballo é moito máis fondo e drástico ca o que se produce nesa nebulosa festiva que vai entre Nadal e Reis.
Como todo se estudia, tamén o tema da volta ó traballo é obxecto dun estudio na Universidade San Pablo Ceu, onde teñen comprobado que o estrés postvacacional afecta de xeito especial ós que realizan tarefas administrativas, ás mulleres máis ca ós homes
E neso estamos tamén.
Virá moi axiña un outono quente polas hipotecas, polos colexios, polos carburantes, polos postos de traballo
Ou sexa: volta á dura realidade que só conseguimos esquecer -se é que o conseguimos- durante estes meses irreais onde algunhas veces coidamos que todo é posible.
Que nos sexa leve!.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora