Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Goberno de España

martes, 04 de septiembre de 2007
Por fin encontraron a fórmula de facernos saber ós consumidores de información de que materias quedan reservadas ó Goberno de España ademáis das de recadación de impostos e a súa distribución, mesmo ós detentadores de poderes autonómicos.

As mensaxes publicitarias que recibimos a través dos medios de comunicación e por calquera outro medio, remataban sempre coa denominación do organismo correspondente, sendo as máis numerosas as correspondentes á Dirección General de Tráfico.

Alguén tomou cartas no asunto e coordinou estas actividades, concluíndo todo na entidade común, ata entón incógnita, resumindo en "Goberno de España" a coroación das mensaxes, para ir creando conciencia de existencia, funcións e importancia.

A Xunta de Galicia, as Deputacións Provinciais e os trescentos quince concellos galegos xa se deran conta hai moitos anos da rendibilidade da presencia nos medios, e desde sempre non hai anuncio ou información onde non se mencione o organismo correspondente.

O Goberno español foi máis lento, pero ó fin reaccionou. Ahí está para lembrarnos a súa presencia. Agora, todo un goberno, pídenos que conduzamos con prudencia, que respectemos as normas de tráfico, que sexamos boa xente. Amén.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania