Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Severísima Cofraría da Ferradura

sábado, 24 de marzo de 2018
Seversima Cofrara da Ferradura Se en tempos as ordes de cabaleiros tiñan fins guerreiros ou relixiosos para defender as crenzas a punta da espada, e as confrarías eran exclusivamente relixiosas movidas pola devoción, resulta que agora todo evoluciona e moitas veces se pon en solfa, polo que hoxe as Ordes son algo que se perdeu no camiño da historia, e as confrarías, mantendo moitas delas a súa vixencia, e máis agora de cara á Semana Santa, contemplan o nacemento doutras moi diferentes, ás que ninguén pretende darlles valor trascendente, senón meramente anecdótico ou para espallar un produto.

Hai mais de trinta anos que son cabaleiro da Serenísima Orde da Alquitara ou do Augardente de Portomarín, co compromiso de defender a augardente daquelas fermosas e difíciles beiras do Rio Miño.

En Vilalba, temos a Cofradía do Capón, creación do avogado vilalbés en Madrid, Domingo Goás, con rúa en Vilalba dedicada a seu pai, que foi entrañable e destacado médico na guerra e postguerra. Pero esta confraría está agora nun forzoso impasse pola morte repentina, precisamente en Vilalba, de Domingo Goas, agora na Semana Santa vai facer dous anos.

Pois o martes pasado pasei por Vilalba cara Abadín a participar no capítulo anual da entrañable e Severísima cofradía da Ferradura, que unha vez ao ano se reúne en capítulo, naturalmente que a xantar, no restaurante Niza, no medio do pobo de Abadín.

Do Niza eu sabía, como todo o mundo, da sona dos seus chuletóns, dos que o máis modesto anda polo medio quilo e eu non podería con el, pero os potentes neste campo cómenos de kilo e medio, e máis, sen que o seu mundo se resinta. Pois o músico e escritor vilalbés Baldomero Iglesias Dobario, Mero, que naceu no vello cuartel da Garda Civil de Vilalba, descubríu que no Niza preparan unhas Ferraduras que para algúns, que se supón somos floxos, resultan descomunais.

E celebramos capitulo, entregáronse títulos –eu xa son orgulloso propietario del desde o ano pasado- e os distintivos que acreditan a nosa pertenza, que resultan ser unhas ferraduras de buxo talladas polo artista Valdi, que nos sirven para identificarnos, aínda que todos somos plenamente identificables, por dedicarnos ao ensino, ao xornalismo, á literatura ou a música, co máximo común divisor de gustar da boa mesa e de xuntarnos cos amigos.

Somos uns 25 severísimos cofrades desta Orde devocional, e cada ano no Niza chova ou neve, que este ano de todo había, xuntámonos para falar do pasado e do futuro, e recoñecer que se a ferradura foi un avance decisivo da historia do transporte, tamén é exemplar impagable de fermosura gastronómica que aínda non prometemos defender pero si degustar no comezo de cada primavera.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES