Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os xogos dos 10%

martes, 27 de marzo de 2018
Hoxe toca falar de Deportes.

As persoas con diversidade funcional xeramos a veces polémica por cousas sen importancia, e cando realmente hai noticias relevantes pasan sen pena nin gloria. Persoas que merecen ser recoñecidas, quedan no esquecemento ou ocupan pouco espazo nos medios.

O deporte paralímpico está medrando, pero necesita máis visibilidade. Chama a atención a dobre moral que se escoita a veces: que valor teñen eses atletas, pero case mellor que non se lles vexa moito. Tampouco se trata de esaxerar os méritos, só se necesita naturalidade.

Remataron en Corea do Sur os Decimosegundos Xogos Olímpicos de Inverno con dúas medallas de bronce para España. Remodelación das instalacións e empezaron os Xogos Paralímpicos do 9 ao 18 de marzo. Quero destacar os emotivos espectáculos nas cerimonias de inauguración e de clausura. Foron os maiores xogos paralímpicos de inverno da historia coa participación, en seis disciplinas deportivas, duns 600 atletas procedentes de 49 países. O equipo español estivo representado por 4 deportistas.

O feito de utilizar as mesmas instalacións é unha boa oportunidade para demostrar que non existen límites e defender así a igualdade entre o deporte olímpico e o paralímpico. Son deportistas que se esforzan igual que os demais, nin máis nin menos. En canto ao medalleiro dos Paralímpicos, España regresa cunha medalla de prata, outra de bronce e catro diplomas. Mellorando incluso o nivel dos Olímpicos, sería para encabezar algún noticieiro!

Un atleta galego considera os xogos paralímpicos como os do 10% porque unha medalla paralímpica supón unha décima parte do importe dunha olímpica. Pero isto non é o máis importante, é máis preocupante a pouca repercusión mediática. Parece ser que estatisticamente se lles adican 100 horas de programación fronte ás 1000 duns xogos olímpicos. Sobran comentarios!!!
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES