Xornalismo de captación
Xiz, Xulio - martes, 20 de marzo de 2018
Teños uns cantos amigos especializados no xornalismo de captación, e ocórreseme de repente este nome para denominar a que unha persoa con preocupación social estea á que salta nas redes e confeccione para espallar o seu Informativo particular. Que iso é o que facemos nos medios: recabar información do noso contorno, sistematizala, e difundila publicamente.
Ata non hai moito tempo, ese cometido era potestade dos medios informativos, que dedicaban tempo, traballo, esforzo, financiación
para facerse un oco na atención do gran público. Pero agora, aí están os blogs, que son como altofalantes particulares onde cada quen expresa a súa opinión a quen a queira atender, e as redes sociais onde xentes con vocación expresiva colgan informacións, e razoan sobre os temas máis diversos.
E logo están os que mencionaba que pescudan polas redes e capturan todo aquelo que lles interesa e facilítano a todos os seus contactos posibilitando o acceso a determinadas informacións ou temas que doutra maneira nos pasarían desapercibidos.
Os políticos en exercizo, os que mandan, os que gobernan, deberían ter amigos así para enterarse do que vale un peine; ou sexa para enterarse de como están os ánimos, e saber que é o que máis encende ao pobo, que en Internet se expresa con tanta liberdade como nas urnas pero con moita máis expresividade porque por agora internet é moito máis libre ca o dereito a voto, limitado pola periodicidade só temos unha posibilidade de cando en vez- e `pola limitación partidaria porque xa nos gustaría votar en liberdade e non polas listas pechadas, interesadas, limitadas, que se nos facilita á trágala para beneficio dos que gobernan a política. De Liberdade, nada. Todos o sabemos, e aceptamos como mal menor; peaxe que pagar para vivir dun xeito tolerable.
Todo esto para decir que boa parte do material incendiario que recibo refírese aos políticos, á súa escasa formación, enormes salarios, brevísimas cotizacións, nula experiencia, xubilacións esplendorosas, e manifesta incompetencia. Como paradigma da evidencia, Sorolla titulou un cadro dramático sobre a pesca: Y luego dicen que el pescado es caro
Como se entende mellor canto máis directo se di, digo E logo queixaranse dos resultados ou non se queixen logo de que os votantes estean rebotados.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora