Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A malla, unha festa

lunes, 03 de septiembre de 2007
A malla foi en galicia unha das máis importantes celebracións comunitarias, exemplo de traballo en común, de distribución de tarefas, organización lograda no decurso de séculos, perfeccionada ó seu punto máis alto coa motorización, e coa incorporación das degranadoras, xunto coas limpadoras de Ajuria aínda movidas á man.

Durante o verán, as máquinas cruzaban Galicia en todas direccións, arrastradas polas mellores parellas de vacas ou bois, parando en cada aira o tempo preciso: media hora, unha hora, dúas, tres… segundo o potencial da casa e a conseguinte colleita.
En canto a malla remataba, e mentras as máquinas se dirixían á próxima e se preparaba o comezo, xantar (pantagruélico para aqueles tempos), no que participaban todos os da malla, que representaba a trinta ou corenta familias.

Fai desto corenta anos, non máis. E hoxe xa non é nin siquiera historia. Tan esquecido está o sistema, que forma parte da lenda e convértese en festa de éxito, que ten lugar nos puntos rurais máis diversos para reconstruír como ceremonia o que era proceso laboral de primeirísima importancia.

A situación ven poñer de manifesto a revolución do rural galego que en catro décadas experimentou máis avance que nos últimos catro séculos. O que hai corenta anos era primordial, hoxe é ceremonia festiva que abre ollos e bocas de espectadores incrédulos.

Aprendamos a lección que esto supón, respectemos o rural, musealicemos a historia, recuperemos tradicións e teñamos en conta á xente á que debemos ter gardado o idioma e tradicións mentras as cidades esquecían o pasado.

As mallas son hoxe unha festa. Gardemos memoria, e que nada do pasado nos sexa alleo hoxe nin nunca máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES