Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marmurios de séculos

lunes, 19 de marzo de 2018
Ao longo da Historia, tódalas culturas exaltaron a árbore como fonte e leccións de vida, e as mais antergas Sociedades, mesmo chegaron a divinízalo.

A árbore reunía tódolos elementos da Natureza: a auga que fluía do seu interior; a terra que se incorporaba ao corpo, a través das raíces; o aire que daba vida ás follas e o lume que nacía da fricción das madeiras. A importancia das árbores nesta sociedade industrializada, e polo tanto ameazada polo progresivo deterioro do medioambiente, provocado pola polución e a contaminación, que non rematan; a masa arbórea adequire unha maior importancia; e así, canto neste senso se faga por concienciar á cidadanía, especialmente á xente moza, será un labor digno de louvanza e aínda, para as institucións, unha obriga.

Cando o home fixo a aparición sobre o planeta Terra coñeceu a árbore: non é posible concebir a vida humana sen a súa presencia. O home decatouse de que, ademais da caza, tamén podía obter alimentos da terra; pero que era necesario traballala, para o que precisou utensilios rudimentarios que lle permitiran labrar e plantar o que despois daría os seus froitos. É fácil supor que a árbore ofreceulle as súas ramas e troncos xoves que usou a modo de ferramentas.

Unha das mais fermosas e delicadas loas á árbore que coñecemos, é da eximia cantante lírica Teresa de Berganza: “El canto es un árbol frondoso, plantado en las orillas del río de la vida. El árbol sabe del susurro de la corriente; del frescor de sus fuentes; de su risa en la montaña y su sonrisa en la cascada. El canto es árbol sagrado…”.

Non son éstes, pensamentos baladís, en tempos depredadores dos irreemplazables valores de Natura.

O Día Mundial da Árbore, instituído en Suecia o ano 1840, celébrase no noso país o 21 de marzo de cada ano. A Organización Mundial da Saúde recomenda a plantación dunha árbore por cada tres habitantes, en vilas e ciudades. Non o esquezamos.

As árbores: “marmurios de séculos”…

(Suso Fernández é Fillo Predilecto e Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES