Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Barbaridades!

sábado, 01 de septiembre de 2007
Máis educado, incoherencias. "Cousas da climatoloxía", din os que non queren
compromisos. Todos coñecemos os feixes de disparates/bestialidades que se deron
(e seguen a dar) neste aloucado verán. (Bárbaro é igual a bruto, inculto, incivil,
insolidario, inhumano, non persoa)

Velaí algunhas das xoias. A proposta dos nosos gobernantes que acordan doar 15.000 euros ("¡premio altos cargos, con efecto retroactivo!) aos alcaldes, deputados
e senadores do Estado e da Autonomía (algúns xa cobran desde o 1989) cando
abondan galegos/as con fame. Ou cando sabemos que os noso pensionistas galegos seguen á cola do País e seguen a enlear con papatorias, noutrora, criticadas. Ou tamén ao lembrar que estes políticos non se quedaron curtos á hora de se subir soldos, dedicacións exclusivas, asesorías e dietas.¡Que descaro!

E, ¿que pensan da traxedia que desde o comezo do verán sexan parapléxicos (en
cadeira de rodas) 20 galegos máis de resultas de accidentes de tráfico? ¿E do
número de persoas que foron atropeladas nas rúas das cidades e vilas!? E ¿das 52 mulleres (a 6´5 por mes) que foron vítimas da "violencia de xénero" só no que vai de ano!? ¡Para botarse a chorar!

E postos a lembrar necidades e disparates, ¿como xulgan as liortas dos nosos políticos coas súas propostas para solucionar a barbaridade da Cidade da Cultura, do himno galego, do xeito de fixar a nosa identidade e mesmo das trampas para aparecer como servidores do Pobo!?.

Non podemos quedármonos quedos, calados. Estes feitos eran (son) evitables.
Cómpre berrar e sumármonos ás accións que se organicen para dar fin a estas
absurdas incoherencias, barbaridades e mesmo descarados abusos. Do contrario, seremos cómplices.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES