Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

N-540 tocadiña do...

miércoles, 21 de marzo de 2018
Canta razón tiña aquela copla de Saraiba que dicía en 1980:

"Xa temos unha autopista
xa corremos como un raio
e as outras carreteriñas
tocadiñas do carallo".

Anos despois é innegable o cambio que experimentou a rede viaria galega. É innegable que estamos máis preto e que, alén do factor humano, movémonos con maior seguridade. A pesares disto é necesario lembrar que, dada a orografía e a climatoloxía, en Galicia é tan complicado facer como conservar. A isto hai que sumarlle a dispersión poboacional e a obriga e necesidade do goberno de garantir á totalidade da cidadanía o dereito á mobilidade do xeito máis seguro posible.

Hoxe a N-540 está inzada de fochancas, segue tendo puntos negros como as curvas de Meixaboi e segue a soportar tráfico pesado. A idea de aliviar as nacionais con autovías e vías rápidas está moi ben, sempre que non supoña un abandono das primeiras, xa que se trata de dividir o tráfico para facelo máis fluído e incrementar a seguridade.

Vertebrar é comunicar e consiste en dúas accións básicas: construir e manter. A vertebración foi o principal obxectivo da Xunta ao longo destes 37 anos de autonomía. Un obxectivo ambicioso que (cos seus erros) acadou un nivel de consecución moi importante. Agora toca manter ese nivel de vertebración e a N-540 está pedindo accións de mantemento a berros. Ímola deixar tocadiña do...?

Por certo, en www.change.org hai unha petición para que o Ministerio de Fomento arranxe o firme. Precisa 5000 firmas e xa superou as 4000...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES