Quen teme ó Himno feroz
Editorial - viernes, 31 de agosto de 2007
Hai agora cen anos, na Habana, onde o galeguismo estaba moito máis avanzado ca na Galicia de orixe, naceu o himno galego, formado por unha vibrante poesía de Pondal con música de Pascual Veiga que, desde entón, nos identifica do xeito máis expresivo.
A efectos legais, a Lei de Símbolos de Galicia, no seu artigo primeiro, proclama que "a bandeira, o escudo e o himno de Galicia simbolizan a súa identidade como nacionalidade histórica".
A partir de ahi, quen pode temer ó Himno?.
A polémica xurdiu polo feito de que se ensine o himno nas novas escolas galegas para os nenos máis novos. Que en principio non parece haber lugar a problema algún cando en calquera centro educativo parece lóxico que os nosos símbolos estean presentes, sexa de xeito físico a bandeira e o escudo e sexa como fose o himno galego.
Seguro que todo esto, visto desde os partidos, ten unha forte carga política, que eles mesmos se encargan de cargar e descargar. Pero visto desde o exterior da política, non parece ter sentido a polémica.
Nun País no que moitos dos residentes temos cantado voluntariamente ou pola forza coa man alzada determinados cantos patrióticos non é loxico temer agora ó Himno. O Himno non é feroz. Feroces poden ser as utilizacións que se fagan dos himnos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora