Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A muller: O sostén do noso tempo

lunes, 12 de marzo de 2018
As mulleres ó poder! Esta expresión, ata non hai moito, penso que se dicía con certa mofa. Pois non é para burlarse delas. Demostrárono o pasado xoves cando se manifestaron como unha piña por todos os seus dereitos e algo máis. Iso, e algo máis. Sempre admirei e sentín un gran respecto pola muller, en xeral, e pola galega, en particular. Todas as aldeas, vilas, cidades e incluso recunchos deberían ter un monumento á muller. Se non é por ela, a vida, en xeral, esborrállase. A muller é a base de todo, o sostén do noso tempo, da nosa vida. Dígoo e seino por experiencia. Pola miña nai e pola miña muller. A miña nai tiña catro homes na casa nos anos 50, 60 e 70. Ía cavar os eidos con nós e volvía para a casa á mesma hora ca nós, polo que ó chegar, os catro energúmenos sentabámonos para comer e, veña, Lola, pon a mesa. Pero antes tiña que acomodar os porcos mentres nós descansabamos ou faciamos que buliamos por aquí e por alá. Logo, para máis aquel, saíulle das entrañas, das vísceras de que tiñamos que estudar os tres. E estudamos os tres. Naqueles tempos. Con tres vacas, un burro, unha porca de cría e seis ou sete pitas. Alí, naquela casa, para subsistir, ou sexa, para estudar nós, vendíase de todo... desde os ovos ata os chourizos, desde o leite (canto podían dar unhas vacas que andaban todo o día arando?) ata os xamóns. De aí que diga sempre que eu comín, merendei e ceei pan e touciño, pan e touciño, pan e touciño (aquel touciño cheo de lardo). Os meus pais, pero principalmente a miña nai, andou arrastrada para que catro badocos ou bestas viviran cunha perna enriba da outra. A miña muller, máis ou menos o mesmo: tres bichos que... algunha man aínda lla botamos; unhas veces á gorxa e outras, iso si, á escoba. Algo é algo. Teño que defender ás mulleres á forza. Se non é por elas a engrenaxe da miña vida estaría máis que enferruxada. A muller é o verso que empeza o poema e, tamén, o poema do noso suspiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania