Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un polígono industrial en Vilalba

lunes, 12 de marzo de 2018
Hai exactamente vinte anos que o grupo musical Golpes Bajos proclamaba que eran “Malos tiempos para la lirica”, e pode que para a lírica melloraran desde entón, alo menos pola Chaira, que a poética por Guitiriz está despegando dun xeito total, cunha xinea de poetas guitíricas, especialmente mulleres, á que apoia decidido o poeta e impulsor cultural vilalbés, Martiño Maseda.

O que son agora malos tempos é para a empresa, a industria, a cultura, a economía… que non da despegado e nos ten inmersos no marasmo dunha crise na que van case dez anos de boqueadas e á que non lle vemos melloría, e moito menos final.

En Lugo abren de cando algunhas tendas no centro, pero pechan –polo que a min me parece- moitas máis… e non hai máis que ir por calquera rúa céntrica para ver papeis tapando cristais, letreiros de se vende ou se alquila, e unha sensación de pobreza comercial que sufrimos todos, aínda que só sexa moralmente.

Cóntase que os alugueres baixan, que o que fan alguns comercios é cambiar de rúa para buscar algunha ganga, pero sen conseguir que sexa definitiva para a consolidación do negocio.

Por iso confórtame saber que en Vilalba hai demanda de sólo industrial para montar empresas no magnífico polígono das Sete Pontes, tanto que se vai ampliar en 300.000 m2 máis para poder dar acollida ás necesidades da industria e do comercio.

É moi lóxico que cada pobo da provincia quixese ter o seu polígono industrial, e entre Lugo e Vilalba están os florecentes de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte, que coma o noso da capital chairega permitiron trasladar dos núcleos urbanos empresas que terían moi difícil a convivencia cómoda co tráfico e vida complexa das rúas do interior de pobos e cidades.

Que os polígonos poden crear problemas cando concentran empresas que poderían funcionar nos núcleos urbanos, que aquí non é o caso, pero o problema maior é que non sexan atractivos para os empresarios e non se cumplan as expectativas de atraer empresas que garanten importantes postos de traballo.

Xa teño dito que cada vez que paso polo polígono vilalbés me sorprendo das súas dimensións e da súa vida. Moi axiña terei que sorprenderme tamén do seu crecemento, do que xa desde agora me declaro admirador e admirado.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES