Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O meu fogar mariño nas Malvinas

lunes, 12 de marzo de 2018
Sexan benvidos a este espazo espiritual no mar das Malvinas. Hoxe celebramos a terceira reunión anual no meu definitivo fogar arxentino. O asunto está moi complicado. Vexo que non falta ninguén. Quere dicir que non estades enfurruñados polas miñas fortes diatribas contra do actual desgoberno macrista. É triste ter que sufrir a cotiá ultraxe aos dereitos cidadáns. Dóeme, prezados compañeiros, que o “San Juan” non estea na superficie para que as vosas familias poidan realizar as correspondentes honras fúnebres. Haberá que esperar ao vindeiro goberno que saia das urnas. O que vos podo asegurar é que no comezo no 2020 estaredes no porto de Mar do Prata. Dentro da desgracia aínda sodes afortunados xa que o submarino é un bo cadaleito que vos manterá intactos para a homenaxe oficial que pechará a ofensa que esmaga ás vosas desconsoladas familias.

Teño o convencimento de que voso sacrificio non foi en balde. Agora mesmo, en todo o país, estanse movendo sentimentos anestesiados en milleiros de cidadáns que non aceptan a versión de que o submarino perdeuse porque se tiña que perder. Ata o o máis macri-hincha pensa que o goberno oculta a verdade sobre o acontecido para non destapar unha actividade militar non autorizada polo poder lexislativo. Hai desconfianza. Non lles pecha que se deixe no fondo do mar a 44 servidores da Armada Nacional. Supoñen que se hai agochamento é porque afecta a soberanía do país. O presidente non quere ser acusado de traición a patria por permitir un ataque externo en tempo de paz. Moitos votantes din que non hai comparanza posible entre o submarino torpedeado e a morte de Santiago Maldonado. Vostedes non sodes de protestar e cumprides as ordes do capitán Fernández.

Aínda que non abrades a boca eu sei o que pensa cada un. A expresión facial non ofrece dúbidas. O primeiro que vexo é unha caída da figueira (pode ser calquera outra árbore pero os figos sempre me gustaron moito) ao coprobar que os mercenarios de “Clarín” vos tiñan totalmente enganados. Non publican nada e non se fala máis do submarino. O goberno ten perfectamente localizado o lugar. O “San Juan” está a uns 430 km da costa. O paso, dentro duns meses, de centos de baleas da especie “franca austral” [Eubaleana australis] está dicindo que estamos a altura de Península Valdés. É a época do ano na que estou máis entretido. Tendo en conta que levo aquí desde 1982 puiden facer amistade con varias familias de cetáceos. Falamos da contaminación mariña e aproveito para contarlles as fazañas dos valentes mariñeiros de Fisterra que me precederon en sigraduras entre escumas.

É certo que hai votantes que non razoan pero os máis perigosos son os indecentes.
Son todos aqueles que apoian ao presidente aínda que non cumpra coa obriga de enterrar en paz a 44 membros da Armada Nacional. Que é o que gañan coa súa activa cornudez? Son xente abducida coa que é imposible o diálogo. Negan o innegable. Morren de calor ou de frío por non poder pagar as facturas de EDENOR o EDESUR pero inmólanse, sen rechistar, para axudar ao aumento das contas exteriores dos ministros e ministras do presidente Macri. Agora o dólar está a 20 pesos pero o problema era cando estaba a 10 xa que a tola de Cristina o tiña freado. Os pequenos aforradores con 25 ou 30 mil dólares no banco falaban coma se fosen donos de plantacións de soia de 50 ou 100 mil hectáreas. É moi posible que varios dos aquí presentes fixesedes o mesmo insensato comentario.

Os comentarios contra Cristina son o grande éxito dos medios desinformativos que puideron pichicatear a milleiros de cidadáns que califican a Cristina de estafadora por axudar aos de abaixo. Aqueles membros da clase media acaban de pechar o almacén ou a verdulería ou o negocio de empanadas caseiras. Están abafados pero non queren culpar ao presidente por non dar chegado ata a fin do mes. Se o vindeiro inverno vén con moita friaxe terán que enrolarse nas vellas mantas de la que gardan no roupeiro. Saben que non poden encender a calefacción. Agardo que entendan –-dunha vez por todas--- que non abonda con coller a pa. Haberá que ter en consideración máis variables xa que aínda que traballes 8 ou 9 horas podes non gañar case nada. Coido que o soldo é bo ou malo segundo sexan os prezos dos produtos de primeira necesidade. Chau, teniente Eliana e demais tripulantes do ARA “San Juan”. Vémonos o mes próximo.
Suárez Suárez, Manuel
Suárez Suárez, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania