Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Libros prohibidos

sábado, 10 de marzo de 2018
Debo confesar que uns días cometín un delicto de apropiación indebida, polo que espero, sen embargo, non ser denunciado de oficio e finalmente ser condenado á par.

Xa pola noitiña, quentando o corpo e descansando a conciencia a carón da lareira, sentín o son propio do teléfono cando me avisa da recepción de mensaxes do whatsapp e como non tiña moito máis que facer no momento, dispúxenme a consultalo de contado.

O emisario era un dos moitos amigos que de cando en vez me fornecen con algúns vídeos, montaxes fotográficas ou outro tipo de caralladas virtuais que adoitan facerme pasar un bo momento cando as consulto, polo que ó ver a portada do documento adxunto malicei que sería, outra volta, unha broma máis da que me ten acostumado. Pero, velaí que o que a portada desvelaba, non era broma, senón unha auténtica realidade en documento "pdf".

Non mo crerá, pero o que o meu colega me acababa de enviar era -enteiriño, dende o "a" ó "z"- o "libro prohibido" por excelencia: É dicir, "Fariña", ou o que ven a ser o mesmo, o traballo xornalístico sobre o narcotráfico galego que un -ou unha- xuíz madrileña mandou secuestrar porque recolle en pouco máis ca tres liñas o que seica é un defecto de forma xudicial que seica prexudica directamente a un tal Bea Gondar, que fora alcalde do Grove daquela e que non quere estar -cousa que, vista así, é de xustiza- mesturado entre as páxinas que contan as andanzas desa camada de Teritos, Charlíns, Oubiñas ou Sitos Miñancos que de contrabandistas de tabaco de batea, han acabar agora facéndolle a competencia televisiva ó mesmísimo Pablo Escobar.

Ensarillado na encrucillada de ter o documento á man, co moito que pica a curiosidade cando a tentación é difícil que sexa penada e un ten a oportunidade de saciala, non me puiden reprimir a decidín fotocopialo, autoconvencéndome a min mesmo con un analxésico "total, se xa non o podo mercar, non creo que o autor se me cabree, nin tampouco a editorial!

Así foi como a tentación rompeu o saco e me convertín nun "delincuente" máis dos moitos que arestora -porque non me estrañaría que o envío xa se teña feito viral- estarán coma min, léndoo en pantalla dixital ou en follas de impresora doméstica, sabendo, ademais, algo que non contan na oportuna serie de televisión, pero que o libro explica con luxo de detalles documentais, e que non é outra cousa que as orixes da aceptación social do contrabando naceron -coma tantas outras cousas- na Raia Seca e no Couto Misto. É dicir -como non!- en Ourense.

Non sei que teñen os libros prohibidos, que coma todo o prohibido -incluso as drogas- valen máis. É certo que neste caso, no canto de seren nocivos -coma as drogas-, afortunadamente acaban sendo beneficiosos para a nosa saúde mental.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania