Non coller na cuncha
Nadia Rosende Sulfurosa tiña o sorriso nos beizos cando se sentou no mazadoiro da fonte da Aira da Igrexa. Os seus ollos brillaban de tal maneira que se apreciaba que o seu espÃrito non collÃa nunha cuncha. A razón: acababan de comunicarlle que a súa filla Ubalda sacara unhas notas excepcionais no colexio público de Baños de Molgas. A súa filla cursaba primeiro de primaria. Orgullo de nai. Nadia Rosende Sulfurosa non collÃa na cuncha. Normal. Non todos os dÃas che comunican novas boas. Novas das que presumir diante de Edelmira Suave Suave, que, por certo, de suave non tiña nada. Isto pensaba Nadia. Para esta, Edelmira era peor que un toxo arnal, tanto polo carácter como pola soberbia. Mais hoxe a nai de Ubalda non querÃa rosmar nada sobre a súa veciña, xa que cada vez que o facÃa agreábaselle o carácter. E hoxe non collÃa na cuncha. Asà é que, en vez de pensar na palastrana da veciña, deixou que os seus ollos escrutasen os arredores da aira na busca da súa marabillosa e lista filla que estaba a piques de chegar do colexio; unhas veces subÃa polo Agro e outras pola rúa Manuel Santamarina. Seguiu esperando co sorriso nos beizos.
En continua incongruencia
O ser humano vive en continua incongruencia. Donald Trump quere darlle armas e adestrar ós profesores para evitar os tiroteos. Ou para que sexan os profesores os que empecen a disparar. Os cables axiña se lles cruzan a calquera. E se tes con que cuspir toda a adrenalina que levas dentro... despois pasa o que pasa. Primeiro cunha man secamos as bágoas que caen dos ollos por esas traxedias, por esas masacres, pero ó mesmo tempo xa estamos estendendo a outra man para recibir a pistola, ou o fusil, ou a arma que mata. Somos asà de incongruentes. Non hai quen lle meta man á Asociación Nacional do Rifle.
Miles de xubilados maniféstanse en toda España (e con razón) polas súas pensións, sen se decatar que a maiorÃa deles, a gran maiorÃa deles votaron, votan e votarán a eses que os están fundindo na miseria. É certo que as maiorÃas absolutas non se acadan só cos da terceira idade, pero si coa gran maiorÃa deles. É o de sempre: moita manifestación, moito berro, moita rabia, pero ante unha urna de cristal axiña cambiamos a chaqueta, o parecer. Seguimos sendo asà de incongruentes.
O zalapastrán dun soño
Son o palafreneiro que coida do cabalo que non necesita coidados e son o fargallón que vai polas rúas porque na casa non sei que facer. Son o parágrafo dun escrito que aÃnda non se escribiu e o astronauta dunha nave espacial que está por construÃr. Son o zalapastrán dun soño. De que soño? Porque soñar é bonito, pero a realidade é unha zoupada na cara que te deixa bailando unha muiñeira sen gaita galega. Que tempos aqueles nos que o son dun asubÃo variaba segundo para o que o usases. Non é o mesmo asubiar por un can que asubiar por alguén. Non é o mesmo seguir o ritmo dunha canción que moumear por entre os palleiros dunha aira e baixo unha néboa espesa. Son o zalapastrán dun soño. E quero soñar co coxote dun becerro, pero a realidade amósame o ovo grolo dunha pita choca. Hai realidades que van máis alá dos soños e das fantasÃas interestelares. Por iso é mellor que a ciobra, a xistra chegue dunha vez para asolagar esta seca que nos mantén esmirrados. Son o zalapastrán dun soño. Que soño co que quero ser, pero, a estas alturas, xa non hai volta de folla. Son o badanas desta ladaÃña.
A sagacidade dos axentes municipais molgueses
A policÃa nas pelÃculas (que é o mesmo que dicir en Estados Unidos) sempre chega tarde, sempre chega ó final da acción. En Baños de Molgas son máis agudos, máis espelidos. Dous axentes municipais desta vila, no mes de xullo de 1910, detiveron a un mozo de 20 anos, BenjamÃn Graña Borrajo, de Ramil Grande, no concello de Xunqueira de Espadanedo, a onde volvera logo de pasar un tempo en Portugal. Os axentes, que eran listos como este molgués que escribe, sospeitaron del e levárono ante o sarxento-comandante da Garda Civil de Maceda, que o interrogou tan habilmente que, entre axusta e compón, entre tirapuxas, o tal individuo acabou declarando que lle dera morte a un home na mañá do 23 de xuño na cidade de Laguarda (Guarda), no veciño reino de Portugal. O moi pardal volvera para Xunqueira fuxindo da policÃa portuguesa. Mal pensaba el que se atoparÃa cos frechas, cos sagaces e raposeiros axentes municipais de Baños de Molgas. Estes non andaban con andrómenas de tanta pelÃcula ianqui. Actuaron coma chispas. O sarxento, ó oÃr todo iso, non lle quedou outra que mandalo dereitiño ó xuÃz municipal para que ingresase no cárcere. Ai logo!