Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A folga das matriarcas

miércoles, 07 de marzo de 2018
Debateuse moito sobre a pertinencia ou non da folga feminista. Sobre se é xusta ou unha manipulación política, sobre a necesidade de visibilizar a obviedade do que se pretende visualizar.

Nesta discusión é difícil ser neutral, máis cando se está vivindo día a día como o peso da familia cae sobre a muller e como determinadas profesións seguen estando excesivamente feminizadas.

Hai que recordar que este ano foi moi duro en canto ao tema da violencia de xénero, con casos moi mediáticos que foron prexulgados con gran dureza pola opinión pública. Un feito significativo é que se pretenda falar de “ideoloxía” de xénero cando aínda existen fondas desigualdades que nacen da falta de recoñecemento do papel angular que a muller desempeña na nosa sociedade.

As poucas que falan, con razón, levan na súa voz a loita histórica na que fixeron erguer a moitas familias e con elas á sociedade. É tan sinxelo como recoñecer e, a partir de aí, educar para a igualdade, educar no reparto de tarefas, na necesidade de autorrealización de todas as persoas e ser consciente de que dita necesidade conleva un apoio mutuo que comprenda que a autorrealización debe ser conxunta e non un sacrificio para un beneficio.

Dende a miña vivencia persoal, preocúpame, por exemplo, que cando a familia se enfronta a unha diversidade funcional, case sempre é ela quen asume o papel principal renunciando, na maioría dos casos, á súa carreira profesional. Isto supón unha renuncia aos propios soños, á vida planificada. Dalgunha maneira estes feitos deben ser visibilizados e valorados pola sociedade.

Valorar non é simplemente un aplauso, é axudar e poñer medios para asegurar que estas persoas non queden desprotexidas no caso dunha enfermidade, dunha viuvedade ou ante calquera traspés que poida traer a vida.

Por todo isto e sen querer ser paternalista, creo que debemos apoiar esta folga e aproveitala para visibilizar todos os feitos invisibles que ao longo da historia nos trouxeron ata aquí e que aínda hoxe fan que a sociedade funcione sendo pedra angular da mesma. Se algo amortizou esta crise terrible foi o funcionamento da familia e a familia cargou boa parte do seu peso sobre a muller.

Todos sabemos que este feito é un alivio para o estado de benestar, xa que como non o recoñece non o ten que valorar pero algún día teremos que decidir facer política con dignidade e recoñecer o que é xusto...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania