Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A meiga

miércoles, 07 de marzo de 2018
Sorrisos da miña meiga,
as caricias do meu sol,
os biquiños da miña rula,
bagoíñas do meu amor.

Sorrisos de ouro,
aloumiños de papel,
bicos de prata,
e bágoas de auga de mar.

A meiga ten once meses,
encheu o meu corazón,
a meiga ten dous beiciños,
que me bican con paixón.

Non chores máis, miña rula,
estou pretiño de ti,
non chores máis, miña meiga,
que me namoro de ti.

Primeiro verán e sorrisos,
o sol e ti como agasallo,
primeiro Nadal e bagoíñas,
o Neno é o teu amigo.


Non me busques lonxe,
estou aquí, ben pretiño,
non chores máis pola nai,
está aquí, ao meu ladiño.

Primeiras verbas,
estou agardando,
primeiras bágoas,
estounas chorando.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania