Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Sra. Cifuentes vista por un pensionista

lunes, 05 de marzo de 2018
“Españoliño que vés ao mundo, te garde Deus” de votar, e isto sabémolo ben os que estamos na fantástica idade da pensión mínima ou máxima, porque un séntese engañado ao longo e amplo da nosa vida, que como dicía Ciro Alegría, é “ancha e axena” como o mundo, e que moitas veces é unha vida allea ao que desexamos e ao correcto e delicado fluír dos desexos da cidadanía. A culpa é do voto, do voto cativo que entregamos aos partidos políticos que nos desgobernan e nos desvisten para vestir a outros, mintindo aos cidadáns dunha maneira continuada e talvez hipócrita para servir a todos aqueles que os que votamos, queremos que lles poñan un pouco de freo, pero non, o noso voto somente vale para darlle ínfulas aos desgobernantes e para roubárnolo desde o momento en que a papeleta entra na urna –éme igual o partido político ao que votaras- porque o máis importante para os políticos é servir ben ás empresas de telefonía, eléctricas, gasísticas etc. etc.

Como vemos, os políticos acaban sempre mentindo, véxase senón a nosa amiga da comunidade de Madrid, a dama de vermello, tal e como a vin o outro día á Sra. Cifuentes ou Cienfuentes . . . moita fonte abrollando por esa boquiña que se bota a verter auga contaminada pola mentira chea de fariseismo e finximento.

Vexamos . . . “vive nun piso de alquiler e ten tres mil euriños no banco”. Sra. Cifuentes, os cidadáns aguantamos todo, pero, burros, o que se di burros . . . aínda que teñamos a capacidade de ornear, non orneamos - por máis que a vostede llo pareza- porque, se vostede gana 100.000 euros ao ano e leva ganando isto dunha maneira continuada, a xulgar polos cargos públicos, fíxese ben, públicos – que non privados- que vostede tivo ao longo de bastantes anos, non nos saen as contas. Onde mete vostede os 100.000 euros que gana ao ano? Vexamos logo as posibilidades do lugar no que se poden atopar:

1º.- Ao mellor, vostede dalle todo ao PP, e por iso continúa cobrando os 100.000 euros como pago previo ao anuncio, é dicir, que ao mellor o PP págalle a vostede porque vostede lle paga ao PP, non sabendo cal foi primeiro, o ovo ou a galiña.

2º .- Se cadra mete vostede o diñeiro sobrante nun bote poñamos que de Cola-Cao e o enterra no xardín e así aforra de pagarllo ao fisco. Teña coidado!

3º.- Pode ser que teña o diñeiro na casa e que lle agrade contalo todos os días porque lle gusta velo, tocalo e apaxalo en espera de máis. De todo hai neste mundo e de aí que só teña 3000 euros no banco, que os teñen moitos pensionistas cobrando moito menos que vostede.

4º.- Se só ten 3000 euros, é porque os gasta en algo, e se os gasta no xogo ou vostede é ludópata, ten que poñerse en cura, que hai sitios para aplicar remedios e facer desaparecer estas doenzas sen que ninguén se entere.

5º.- Outrosí, ao mellor, regálallo ás grandes empresas, isto si que pode ser verdade, a xulgar polo tratamento que reciben as empresas eléctricas, gasísticas e outras.

En fin, calquera sabe onde mete o diñeiro a Sra. Cifuentes?, pero dígollo con todo o cariño do mundo, se vostede vive de alquiler e só ten 3000 euros de aforros, vostede non vale para gobernar, porque é unha dispendiadora do diñeiro; se fai iso co que é seu, que non fará co que é de outro, co noso, co de todos, e isto incapacítaa para calquera dos cargos públicos ou políticos.

Contemos a verdade Sra. Cifuentes, que os pensionistas, aínda que vellos, non somos tontos.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania