Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ricardo Couto

viernes, 02 de marzo de 2018
Neste febreiro de neves, os amigos laiámonos da sensibles perda de Ricardo Couto, precisamente no Día Mundial da Radio, que todos celebramos polo milagro radiofónico, pero de xeito especial Ricardo, Xesús Mato e máis eu porque, parodiando ao poeta amigo Díaz Castro, podemos dicir que “a radio –a beleza- fireunos para sempre”.

Decía Ricardo que Xesús Mato, que tivo en Lalín a primeira parroquia, “ensinoulle a amar a radio, a súa profesión máis querida. E foi en Lalín, aos 17 anos, en La Voz del Deza”, onde Couto descubriu que a Radio con maiúsculas, é a forma máis directa e entrañable de facer amigos.

Hai medio século -1967-, naceu Radio Popular de Lugo, e pouco despois chegaba a ela o crego Xesús Mato, que viña de Lalín. Nacera en Paradela, pero en canto foi ordenado mandárono para Lalín, onde fundou a Coral Polifónica, promoveu vivendas para xente humilde, creou a emisora La Voz del Deza e tivo como discípulo ao rapaz Ricardo Couto, que escribía moi ben, era serio, metódico, formal e apuntaba moi boas maneiras.

Xa en Lugo, cando Mato empezaba a ser o xigante social que logo foi, chegou Ricardo Couto, humilde, calado, traballador. E conquistounos co seu traballo, coa súa palabra, co seu xeito. Mato escribía os textos de “O Anxeliño”, do que Couto dicía que era “unha reflexión interior de humanidade e espiritualidade; un revoloteo de tres minutos coa poesía”, e eu leía eses textos, para espallalos a toda a audiencia. E como Mato andaba metido en mil aventuras –culturais, radiofónicas, sociais, relixiosas…- de cando en cando sustituíao Ricardo, que xa dixen escribía moi ben.

Foron tempos fermosos e ilusionantes. E de Lugo, da Radio, Ricardo Couto foise para A Coruña, a El Ideal Gallego, para encargarse da difusión do xornal… anos despois, cando eu andaba pola Radio Galega, chegou co daquela Alcalde José Cuíña, do que foi asesor. E xa nesta etapa definitiva, no mundo da publicidade, no seu Lalín, onde axudou a que foramos presentar o libro “Mato sono ío”, homenaxe ao seu amigo Xesús Mato, superando con entusiasmo a enfermidade que non daba podido con el.

E foi Mato quen me deu a triste nova do seu pasamento, e decidimos que aínda que as lembranzas, o agarimo e as oracións non saben de distancias, tiñamos que acudir a Lalín para decirlle adeus a Ricardo Couto, o amigo da palabra xusta, do corazón grande, da firmeza segura, do exquisito trato, exemplo de home bo e xeneroso.

Os amigos non o esquecemos, e o oco que deixa en nós non o vai ocupar ninguén, porque non sabemos de ninguén que se adapte a tan especiais, garimosas e sensibles características do amigo Ricardo ao que desexamos que a súa terra de Lalín o cubra con agarimo, e os vellos amigos que xa se foron o acollan con apertas grandes no anaco de ceo que ten que haber reservado para os que souberon facer patria co súa escrita, coa súa palabra, co seu entusiasmo, co seu gran corazón.

(Leído por Xulio Xiz no funeral celebrado na igrexa parroquial de Lalín o 15 de febreiro de 2018)
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania