O tabaco mata
Editorial - miércoles, 29 de agosto de 2007
Tivo tempos de tal prestixio social que os non fumadores eran case obxecto de sospeita por carencia grave. O papel do home, era fumar. O da muller, non, alomenos en público.
Mesmo o Fisco tivo no tabaco un dos seus contribuíntes máis importantes, cun imposto indirecto que aportaba cantidades inxentes, moi importantes aínda na actualidade.
Moito cambiou o tema social coas investigacións e divulgacións sobre o tabaco e os seus efectos, nos que o cancro de pulmón é o máis ostensible.
O consumo de tabaco baixa nos homes, sobe nas mulleres, baixa na xente nova, medra en determinados colectivos, pero o seu prestixio social desapareceu e hoxe fumar xa non está permitido en dependencias oficiais, en centros sanitarios, moitos restaurantes, nalgúns bares
nun movemento que nos parece imparable, aínda que hai redutos difíciles de conquistar.
Preocupante é o dato facilitado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, de que o trinta e seis por cento das galegas fumadoras non deixou de facelo durante o embarazo a pesar de todo tipo de información e seguridade de transmisión de problemas importantes ó feto. Hai que fixarse sen embargo no sesenta e un por cento de galegas fumadoras que deixaron o hábito ó quedarse embarazadas, concienciadas do problema.
A mensaxe está clara: O tabaco mata. Lenta ou rapidamente. E as súas accións non caducan. Que cada quen tome nota e decida so seu futuro.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora