Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Benito Rego, in memoriam

miércoles, 28 de febrero de 2018
Pode que cos anos se agudice, pero desde sempre me afectaron moito os pasamentos dos amigos, que van deixándonos desprovistos dunha especial protección; pois quedamos máis espidos diante da vida. E sendo rico en amigos, que me dan exemplo de bos xeitos de vivir, coido que a cada un dos que se van se lle pode aplicar o verso de Xosé María Díaz Castro a unha herba pequerrechiña: “O universo sería / máis pequeno sen ti”.

Pois desde o remate de xaneiro, o universo Lugo é un pouco máis pequeno polo pasamento de Benito Rego Cobo, que nacera en Ribadeo en 1932, e desenvolveu en Lugo toda a súa intensa vida profesional, política, social e humana.

Coñecino no Concello de Lugo, nos oitenta, como concelleiro de C.G., e logo do P.P., e era desas persoas que se ve que viven en paz consigo mesmo e cos demais, sosegado, tranquilo, dialogante, sen alzar nunca a voz, sen crear nunca un conflicto, axudando a pacificar contornos difíciles de aquietar.

Nos mundos da política foi, ademais, vicepresidente da Deputación e Deputado no Congreso; de profesión veterinario, foi profesor na Escola de Enxeñeiros técnicos agrícolas e presidente do colexio de Veterinarios; e no mundo social, Presidente da Sociedade protectora de Animais e do Club Fluvial.

Benito Rego e Maria Pilar Cadahía, a súa muller, sufriron o peor dolor que uns país poden sufrir ao perder un fillo. Coido que desde entón non volvín velo. Sí moitas veces a María Pilar, destacada membro de Manos Unidas, asociación á que lle teño querencia desde hai ben anos. Ela era a transmisora de lembranzas e amizade entre os dous.

A igrexa de San Francisco Javier, para despedilo, estivo ateigada de amigos, e un deles, Vicente Quintas, falou do amigo que se nos foi, e do baleiro que nos deixa.

Segundo viviu, así se foi, caladamente, sosegadamente, coa vida feita, tendo conseguido “un millón de amigos”, como dicía Roberto Carlos, aos que deixa “desabrigados” do agarimo que as xentes de ben extenden sobre os que teñen a sorte de coñecelos.

Cando morre un lucense, Lugo é un pouco máis pequeño; cando morre alguén como Benito Rego, esa reducción faise máis ostensible.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania