Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quintana-Varela

lunes, 27 de agosto de 2007
Estamos afeitos á política-ficción e a política real ás veces cáusanos sorpresa.

Estamos afeitos a que os políticos poñan sempre boa cara ó mal tempo, dean boas palabras nas situacións difíciles e garden sempre as formas na súa relación cos competidores ou partidarios, polo que temos da política unha imaxe de ficción sen relación coa realidade, onde se gardan as formas dun xeito que ninguén cre.

E nesto, un bipartito no que cada un di e fai o que lle parece, e non pasa nada.

Fernández Albor sufríu o alcume de “O Merendiñas”, porque presidía case todas as festas gastronómicas do País. Fraga presidía e emocionábase nas festas dos vellos que agora hai que chamar da terceira idade para ser politicamente correctos. E agora Quintana segue a estela de Fraga no trato dos maiores, nas festas multitudinarias. E pon unha pica en Vilalba, con miles de vellos entusiasmados.

Quintana ten pinta de ser político popular e populista, que ven desde o local, de ser alcalde do seu pobo. Parecía que ninguén ousaría dicirlle que está mal eso de organizar festas de vellos que tanta satisfacción dan ós participantes, e tanta rendibilidade política parecen proporcionar.

Pero Ricardo Varela, que ademáis de Conselleiro de Traballo é Secretario de Organización da forza política que goberna co Bng, criticou a Quintana pola festa vilalbesa dos dez mil votos en xogo, por estimar que esa non é forma de facer política.

E non pasa nada. Posiblemente esta sexa unha mellor forma de facer política. Non lle gusta, pero respéctao. Varela-Quintana, Quintana-Varela, poden serguir xuntos. E cada un fai ou di o que lle parece oportuno.

Pois xa está.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES